20 - 10 - 2005
Ás beiras do Lérez, no campo de A Xunqueira, xogou o noso primeiro equipo, o Sporting, que durante moitos anos foi tamén o máis representativo, e do que chegarían a saír xogadores de renome nacional. Entre eles Eduardo Novoa (Real Madrid) e o olímpico e internacional Luís Otero. Na súa lembranza celebrase cada ano o "Trofeo Luís Otero".
Pasados os anos o Sporting trasladase a xogar a Campolongo, compartindo campo de fútbol co recén creado Deportivo, equipo no que militaba Pasarín, defensa que chegaría a ser olímpico e internacional.

O tempo pasa e estos dous equipos, Sporting e Deportivo, deciden fusionarse. Desta fusión nace o Atl. Pontevedra (non confundir co actual Atl. Pontevedrés, filial do Pontevedra dende 1965), que será o primeiro equipo que dispute os sus encontros nos terreos que hoxe ocupa o Estadio Municipal de Pasarón.

Co Atl. Pontevedra xa consolidado, surxen outros dous equipos na cidade, o Eiriña e o Alfonso C.F., que durante bastante tempo competirán co Atl Pontevedra en campionatos rexionais.

Con motivo da Guerra Civil (1936), a Federación decide suspender as competicións, e cando estas volven a reanudarse, xa no están todolos equipos. Como consecuencia eliminanse os campionatos rexionais e descenden os ingresos dos equipos.

En 1941, na cidade seguían existindo dous equipos respaldados por un amplo historial: Alfonso C.F. e o Eiriña. Debido ás dificultades do momento, os xestores destes dous equipos deciden fusionar ambos clubes nun só que recibira o apoio de todolos pontevedreses e que representara dignamente a tradición futbolística local.

O 16 de Outubro do 1941 nace o Pontevedra C.F.. O Paseo das Palmeiras é testigo do acordo fundacional. No acta de fundación recóllese a que sería primeira directiva, presidida por D. Fernando Ponte Conde , e na que se especifica o uniforme: camisola granate, pantalón blanco, medias granates.

O Local social do clube quedaba establecido na rúa Isabel II nº 14, baixo. A primeira taquilla oficial produciuse nun encontro amistoso contra o Celta, e na que unha entrada en preferencia costaba 4 pts, en xeral 3 pts, e donas, nenos e militares 1 pts.

Deu o salto á Terceira División no curso 1943-1944 baixo a dirección técnica de Edelmiro Lorenzo, quen contaba con doce dianteiros no plantel, e tan só cinco defensas e outros tantos centrocampistas. A chegada de Angel Agrasar á presidencia marcou o inicio da etapa máis gloriosa: "¡O Hai que Roelo!". O seu debut en Primeira División, no 1963, foi unha toma de contacto coa elite.
Na seguinta tempada voltou á Segunda División, pero xa en Pasarón había xerminado o glorioso "¡Hai que Roelo!", capitaneado por Cholo, un conductor de trolebús cos domingos vestíase de curto para frear as acometidas dos Gento e compañía. Despois daquela época gloriosa seguíronlle moitos sensabores.
En Xuño do 2004 o Pontevedra conseguíu rertornar á Segunda División, e tras 27 anos xogando na 2ªB e na 3ª División, logrou devolvérlle a ilusión a súa gran afección. A pesar do seu paso efímero pola división de prata (o Pontevedra voltou este ano á 2ªB), os siareiros granates seguen a apoiar ó conxunto granate.

Extracto do Libro:"Pontevedra Club de Fútbol: cincuenta años de historia".
Autor: D. Miguel Dominguez Vaz.

Nova engadida por JBA @ 2:13  | O Clube
 | Enviar