20 - 10 - 2005
O estadio de fútbol de Pasarón, esceario das proezas do Pontevedra C.F. e ledicias e choros dunha cidade identificada co equipo, aínda que cando foi construído a finais dos anos 30 albergaba os encontros do Alfonso e o Eiriña.
O 16 de Outubro de 1941, da fusión do Alfonso e o Eiriña nace o Pontevedra C.F. e os afeccionados pontevedreses que viviron aquel momento histórico aínda lembran a pequena tribuna de madeira de Pasarón, así como que o terreo de xogo tiña un pronunciado desnivel. A primeira gran remodelación de Pasarón realízase con motivo do ascenso a Segunda División, tempada 59-60, nunha fazaña que se denomimou "o triunfo dun pobo", xa que a cidade paralizárase e milleiros de pontevedreses desplazáronse ata León. A raíz do ascenso, o problema máis importante plantexado era, sen dúbida, a adecuación das instalacións. As xestións realizadas pola xunta directiva para tentar a adquisición de Pasarón foron en vano, pero polo menos, conseguiuse que o vello campo pasase a ser propiedade do concello. Quedaban 28 días para realizar as obras e outra vez a vontade de todo un pobo conseguiu, por enriba da lóxica lentitude oficialista do noso municipio de entón, facer realidade a importatne remodelación, ata convertir o campo de Pasarón nun novo campo, adecuado á categoría na que se ía militar.
O fútbol galvanizaba á cidade, o concello, con Filgueira Valverde como alcalde, adquiriu os terreos de Pasarón, pero non dispoñia de liquidez para afrontar as obras de inmediato, a recén estreada xunta directiva co doutor Dominguez Rodríguez á cabeza non atopou moitas dificultades para que 50 industriais da capital se presentasen na Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra para avalar un crédito polo montante de tódalas obras. Co tempo, cumplindo coa palabra dada e figurando ocasionalmente como alcalde en funcións o tenente de alcalde Sr. Pélaez, o crédito pasou a ser responsabilidade do concello e dos 50 decididos pontevedreses quedaron liberados da deuda. O Pontevedra C.F., que aínda non empezara o campionato, comezaba a ser un equipo admirado. O contratista Adolfo Lamas foi contaxiado tamén pola euforia reinante; él foi o elixido para a primeira e máis importante remodelación de Pasarón e as obras comezaron sen ningunha garantía escrita e coa súa aportación económica ata que os trámites financieiros, sempre lentos, quedaron zanxados. Como consecuencia das obras non se puido disputar o "II Trofeo Luis Otero". O primeiro cheo histórico que presentou Pasarón foi no encontro contra o Celta da primeira tempada do Pontevedra na Segunda División. Ata o punto de que antes do remate do encontro e cando os celestes estaban realizando un perigoso ataque, algunha das vallas da grada norte cederon e centos de afeccionados invadiron por accidente o terreo de xogo, contabilizándose arredor de 70 lesionados, todos eles afortunadamente de pouca consideración.
Na Primeira División o estadio de Pasarón foi dotado de torretas de iluminación artificial, que foron reforzadas e melloradas no ano 98 con motivo dun España-Suecia da categoría sub-21, nada máis e nada menos que 30 anos despois, xa que a súa inauguración tivo lugar o 22 de agosto de 1968. Os afeccionados granates tamén lembran como durante moitos anos o marcador estivo situado na grada de Sur, ó ser remodelada a grada de Norte no 1969; o seu retorno á de Norte produciuse a finais dos anos 70. Con motivo do mundial de fútbol celebrado en España no 1982 e para que Pasarón puidera ser o campo de adestramento da selección que logo proclamaríase campiona do mundo, Italia. Foron unhas obras financiadas polo concello que consistiron na remodelación dos vestiarios. A presencia do combinado transalpino reportou boas cantidades económicas para o clube. Nos anos oitenta tamén falouse da posibilidade de que a grada de Sur fora cuberta, pero esa pretensión i esa promesa municipal tampouco se fixo realidade. 16 anos despois daquel lavado de cara, sobre todo, nos vestiarios e o terreo de xogo, Pasarón foi obxecto dunha nova remodelación no ano 1998 coa mirada posta nun encontro internacional. Despois das obras polo Mundial, Pasarón non foi mellorado ata 1998, salvo o terreo de xogo ó que no verán de 1988 lle fixeron unha nova drenaxe gracias á financiación da Deputación. Durenta as derradeiras dúas décadas, sobre o futuro do campo de O Burgo houno numerosos rumores e desexos, pero nunca culmináronse. A cidade tivose que conformar con pequenas obras de mellora, as máis importantes, dende mediados da década dos sesenta se levaron a cabo a finais da década dos noventa cando as torretas de luces foron reforzadas, os vestiarios mellorados, e no 1999 quitáronse as vallas de Preferencia e Tribuna, ás que se lles colocaron unhas lúas de metraquilato; así mesmo, colocáronse asentos de plástico en ámbalas dúas bancadas.
Pasarón, o lugar das fazañas e das decepcións granates, o campo que foi testigo da vida do clube, envelleceu con diferentes lavados de cara.
O pasado 18 de xullo comezaron as obras para a reforma do campo do Burgo, coa colocación da primeira pedra. Unha reforma que que comezou polos fondos norte e sur, e que estará completamente rematado nuns 18 meses.

**Máis información en http://novopasaron.blogcindario.com
Nova engadida por JBA @ 2:25  | O Clube
 | Enviar