[28/10/2005]/O Pontevedra celebrou este xoves as Asambleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria, para facer un balance ecónomico da tempada pasada.
A Directiva granate confirmou ca débeda histórica está case anulada, xa que os fondos dos que dispoñe o clube a día de hoxe son suficientes para cubrir esa débeda.
Na convocatoria, o tesoureiro do Pontevedra, Manuel Brañas, deu a coñecer datos interesantes sobre o estado económico do clube.
O Pontevedra dispón este ano dun presuposto de 1.896.500 euros. As ventas por un valor de 730.000 euros de Javi Rodríguez e Capdevila fixeron co Pontevedra teña un superávit cercano ós 640.000 euros. E estes ingresos non só implican un superávit, senón que tamén repercuten na cifra que haberá que cubrir para convertirse en SAD.
A Transformación en SAD levaráse a cabo do mesmo xeito ca tempada pasada: dividiráse o proceso en tres fases e cada acción terá un valor de 50 euros.
O clube granate anunciou na Asamblea co capital a cubrir que proporá á Comisión Mixta será de 2.691.000 euros e estima que nun prazo de 2 ou 3 meses, recibirán unha reposta deste organismo, na que se confirmará o capital social definitivo que se terá que cubrir. A partir desta notificación, abriráse o prazo para adquirir as accións.
O desexo do clube é que este ano se cumpra a transformación en SAD, o que implicaría a solución definitva para que a empresa xenere beneficios.