28 - 10 - 2005
[28/10/2005]/O adestrador da Real Sociedade Deportiva Alcalá, Pedro Baldo, deberá inventarse unha nova línea defensiva para o encontro do vindeiro domingo en Pasarón. Ás baixas de Fran Blasco, por sanción, e de Carlos de la Vega, por lesión, poderíase unir a de Zeki, que esta semana non pudo adestrarse ó 100% por culpa dunhas molestias. Ademáis, destas baixas, o ténico alcalaíno tampouco poderá contar con Cárdenas e Nico, ambos mancados. O caso que máis preocupa no clube madrileño é o caso de Nico, quen ten unhas molestias nas costas. O Presidente do Alcalá, Jorge Carretero, xa anunciou que no mercado de inverno bucscaráselle un sustituto, xa que a lesión que sufre é máis grave do que semellaba.
Con todas estas baixas, Pedro Baldo poñerá a xogar no centro da zaga a Santi López, e o seu acompañante será uns dos interiores do equipo. Arriba tamén se presentan dúbidas, xa que aínda non sabe cal será a parella ofensiva que salga dende o comezo contra o Pontevedra. Os que teñen máis opcións son Cristian e Alberto, aínda que non se descarta que, tanto Mejías como Borja, entren no once inicial.
Nova engadida por JBA @ 13:57  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións