[28/10/2005]/O plantel do Pontevedra realizou esta mañá unha sesión de traballo no balneario de Cuntis, despois de adestrar no campo de As Canteiras. O conxunto pontevedrés traballou onte ás ordes de Alberto Argibay, a porta pechada, durante as primeiras horas do serán.
Aínda non se reincorporou ó grupo o lateral dereito Luciano, que segue coas súas molestias no pé, que lle impiden pisar e golpear o balón. Por iso, será con total seguridade, baixa para o encontro do domingo contra o Alcalá.
Unha das principais preocupacións do grupo de cara o domingo é o estado do céspede de Pasarón. I é que as chuvias que caeron nos derradeiros días na cidade de Lerez, propiciaron co campo se atope un pouco pesado e vaia a máis co paso das xornadas.
O sábado deberá soportar o derradeiro ensaio previo dos futbolistas, e o domingo pola tarde, acometerá a súa proba final coa disputa do encontro entre o Pontevedra e o Alcalá.