[29/10/2005]/Alberto Argibay terá que agardar ata o domingo para saber se poderá contar co mediocentro luso Organista, que a causa dunha elongación muscular, ten unhas molestias que lle converten en dúbida para o encontro do domingo contra o Acalá. Se non é quen de recuperarse, Organista uniríase ás baixas de Luciano e Cabrera.
Deste xeito, Alberto Argibay, a falta da sesión que se desenrolará mañá pola mañá, a porta pechada en Pasarón, citará para o domingo a tódolos xogadores que se atopan en perfectas condicións.
Este sábado tocará ensaiar as xogadas a balón parado e os saques dende o curruncho, e dar as últimas instruccións ós xogadores que estarán no once de saída. Un once de saída que se asemellará ó que goleou ó Negreira o pasado sábado. Un troco fixo é o de Nasser no lugar de Cabrera, pero Argibay podería facer algunha modificación máis, xa que dúbida nestes intres entre Vázquez ou Tinaia no costado esquerdo da zaga, e entre Tiago e Baptiste na punta do ataque.
Despois do adestramento, o adestrador granate falou das súas sensacions sobre o encontro do domingo contra o conxunto madrileño. Confirmou estar ledo porque o seus xogadores << van a máis co paso das xornadas, e tanto en defensa coma en ataque, semana a semana nótase unha clara melloría. Ós rivais cústalles moito crearnos ocasións de gol>>.
Sobre o rival, Argibay opina que << o Alcalá aseméllase máis ó Sanse co Negreira. É un conxunto que xunta a moitos xogadores por detrás do balón, e deste xeito é moi compricado facérlle un gol>>.
Mañá, finalizado o adestramento, o adestrador granate dará a lista definitiva de convocados.