[29/10/2005]/O Pontevedra realizou esta mañá no Principe Felipe o último adestramento da semana, coas miras postas no encontro de mañá ante o Alcalá. Na sesión, o técnico granate deu as últimas instruccións os seus xogadores, e aproveitou para ensaiar os saques a balón parado.
Ó remate do adestramento, deuse a coñecer a lista de convocados, na que non estarán, como xa é sabido, Luciano y Cabrera.O lateral segue cunhas molestias no pé esquerdo que lle impiden pisar e golpear con comodidade. Cabrera, pola sua parte, cumprirá un encontro de sanción.
Polo demáis, Argibay citou a tódolos xogadores que ten a súa disposición, a excepción do tercer porteiro, Iván Parada.
Finalmente entraron na convocatoria o mediocentro luso Sergio Organista e o central Fede Bahón. O caso que máis preocupa é o do portugués, que ten unhas pequenas molestias a causa dunha elongación muscular. Nembargantes, tanto o centrocampista coma o defensa estarán en boas condicións para xogar mañá contra o Alcalá.
Os 18 xogadores convocados son os gardamallas Bonnis e Paco Bazán, e os xogadores de campo Mauro, Fede Bahón, Hedrera, Vázquez, Azparren, Tinaia, Organista, Mannara, Nasser, Montenegro, Charles, Yuri, Alex Díaz, Manu Busto, Tiago belmonte e Baptiste.