29 - 10 - 2005
[29/10/2005]/O Pontevedra afronta mañá en Pasarón, o primeiro dos catro encontros que terá que afrontar de xeito consecutivo contra conxuntos madrileños.
O rival ó que se enfrontará esta xornada é o Alcalá. O equipo madrileño atópase no 16º posto, con 8 puntos. A pesar de atoparse nunha situación complicada, o Alcalá é o segundo conxunto menos goleado con 6 goles. Pola contra, o seu punto feble é o ataque; o equipo alcalaíno só foi quen de realizar tres goles nas 9 xornadas que se levan disputadas.
Mañá, o Pontevedra terá enfronte a un rival que se asemella moito ó derradeiro rival que visitou Pasarón, o Sanse. O conxunto madrileño xunta a moitos xogadores por detrás do balón, e o Pontevedra deberá xogar con tranquilidade para tentar abrir a defensa rival.
Un rival que chega con moitas baixas na defensa, o que obrigará ó adestrador do Alcalá, Pedro Baldo, a facer unha pequena revolución no once. O técnico alcalaíno inventaráse unha liña defensiva nova, e podería facer un troco na portería.
Pola súa parte, Argibay tamén ten as baixas de Luciano e Cabrera, que ata o de agora foi titular en tódalas xornadas. A súa baixa será cuberta por Nasser. Polo demáis, o técnico granate non fará máis variacións e aliñará ós mesmos xogadores que golearon ó Negreira (coa salvedade de Cabrera).
Os xogadores granates levan toda a semana confirmando o seu desexo de instalarse entre os catro primeiros clasificados. Para iso, deberán gañar mañá ó Alcalá, rival que de seguro, tentará dar a sorpresa, pechándose atrás e saíndo á contra.

FICHA DO ENCONTRO

-PONTEVEDRA
: Bonnis, Mauro, Fede Bahón, Vázquez, Azparren, Montenegro, Nasser, Yuri, Mannara, Charles e Tiago Belmonte.
-ALCALÁ: Gabri, Israel, Santi López, Joselu, Alex Ruiz, Juanchu, Isach, Juanma, Oya, Alberto e Borja.
-COLEXIADO: Becerril Gómez (castelán-leonés).
-DATA E HORA: Domingo 30 de Outubro, 17 h.
-ESTADIO: Municipal de Pasarón.
Nova engadida por JBA @ 20:16  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións