30 - 10 - 2005
PONTEVEDRA 2-2 ALCALÁ

[30/10/2005]/Mal encontro o que disputaron este serán o Pontevedra e o Alcalá.
Os granates non se asemellaron en nada ó equipo ca pasada xornada asoballou dende o primeiro minuto a porteria rival. Pola súa parte, o Alcalá marchou satisfeito, xa que acadou o obxectivo, que non era outro que non marchar de vacío da súa visita a Pasarón.
O comezo de partido foi de tanteo. O Pontevedra non era capaz de tocar o balón e o Alcalá facía unha presión asfixiante.
A primeria ocasión do encontro foi para os madrileños. Ó saque dunha falta ó borde da área granate, Bonnis despexa un balón con dificultade e este estrélase no pao dereito do portal granate.
Só era un aviso, xa que dous minutos despois, o Alcalá conseguiría o gol. Alex Ruiz avanza pola banda esquerda ata liña de fondo, saca o centro e Alberto acada o gol para os visitantes.
Tras este comezo, presentábaselle un panorama moi escuro os pontevedreses, que botaron en falta a Cabrera. Preto da media hora de encontro, o Alcalá volve a avisar. Ó saque dun córner, Bernal cabecea o balón e este non entra por pouco. O Pontevedra estaba desaparecido e pedía o tempo de lecer. A mellor ocasión para o Pontevedra tivo lugar no minuto 37. Charles conduce o coiro, abre o xogo para Yuri, este chega ata a liña de fondo e saca un centro que remata de xeito formidable Tiago, pero o gardamallas Gabri está acertado e desvía a córner.
A segunda metade presentábase moi semellante á primeira. O Pontevedra tentando a igualada e o Alcalá perdendo todo o tempo posible. Os 20 primeiros minutos da reanudación foron de claro dominio granate, aínda que non se viron moitas ocasións claras.
A saída ó campo de Alex Díaz no lugar de Tiago déulle algo de movilidade ó ataque local, pero o equipo granate só eran quen de por en perigo ó meta alcalaíno en accións a balón parado. E deste xeito viu o empate. Restaban doce minutos para que rematase o encontro, e tras unha falta sobre Charles ó borde do área, Nasser a transforma dun xeito extraordinario.
Este gol trocaba tódolos plans de ámbolos dous conxuntos. Un tanto que revolucionou o partido, por que dous minutos despois, o Pontevedra dáballe a volta ó marcador. Tinaia sube pola banda, e sácase bo un centro que Yuri remata coa testa ó fondo das mallas.
Nembargantes, en lugar de tranquilizar o encontro, os granates voltaron a tirar ó chan unha ventaxa no marcador. O Alcalá atacou con moito impetu, e no minuto 89, nunha internada dun atacante do conxunto madrileño, este cae derribado e o colexado sinala a pena máxima. O penalti o anota Isach, que engana a Bonnis, e pon o definitvio empate a un. Ó Pontevedra se lle resiste o obxectivo de entrar entre os catro primeiros.

FICHA DO ENCONTRO

-PONTEVEDRA: Bonnis, Mauro (Mannara,50'), Fede Bahón, Vázquez, Azparren (Tinaia,50'), Nasser, Organista, Charles, Montenegro, Yuri e Tiago (Alex Díaz,58').
-ALCALÁ: Gabri, Bernal, Santi López, Joselu, Alex Ruiz, Oya (Noé Acosta,71'), Juanma, Juanchu (Borja,82'), Isach, Cristian e Alberto (Mauri,64').
-COLEXIADO: Becerril Gómez (2). Amosóulle o cartón amarelo a Mauro, Montenegro, Tinaia, Vázquez e Yuri por parte do Pontevedra, e a Gabri, Oya, Juanma e Juanchu, polo Alcalá.
-GOLES: 0-1 (min. 11),Alberto. 1-1 (min. 78),Nasser. 2-1 (min. 80), Yuri. 2-2
(min. 89), Isach de penalti.
-ESTADIO: Municipal de Pasarón (4500 espectadores).
Nova engadida por JBA @ 21:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións