[29/11/2005]/A primeira plantilla da Unión Deportiva As Palmas, ten programado para este martes unha dobre sesión de traballo. Tras desfrutar no luns do día de descanso, os xogadores adestrarán ás 10:30 h da mañá, hora galega, no Estadio Insular.
Xa polo serán, o vindeiro rival do Pontevedra exercitaráse no mesmo esceario ás 19 h.
Para o encontro contra o cadro granate, o adestrador Josip Visnjic, recupera a Jaime e a Nauzet Alemán, unha vez que ámbolos dous xogadores cumpriron un encontro de sanción na derradeira xornada.
A UD As Palmas aínda non coñece a derrota no seu estadio, e tralo o empate coseitado ante o Melilla, leva once xornadas consecutivas sen perder, o que lle serviu para instalarse na segunda posición da táboa clasificatoria.
Nestes intres, aventaxa en dous puntos o Pontevedra, polo que unha victoria do conxunto granate provocaría co Pontevedra rematáse a xornada entre os catro primeiros.