[29/11/2005]/O plantel ó completo do Pontevedra adestrará este martes no Príncipe Felipe. Despois de que o luns só se exercitaran os xogadores non convocados, no adestramento de este martes, ás 10:30 h no Príncipe Felipe, xa se incorporará o resto do plantel.
Alberto Argibay poderá ollar o estado no que se atopa Cabrera; o mediocentro tivo que ser sustituído o pasado domingo por culpa dunhas doenzas nos xemelgos, mais semella que está prácticamente recuperado, e participará con total normalidade no adestramento.
Os xogadores granates xa pensan no díficil encontro do domingo, no que se enfrontarán contra un rival directo e favorito para loitar polo ascenso.
Tamén poderemos saber se o Pontevedra é quen de meterse entre os catro primeiros por primeira vez na tempada, xa que nas dúas ocasións anteriores nas que tiña opcións de auparse ós postos altos da táboa, o Pontevedra coseitou un empate contra o Alcalá na casa (2-2), e unha derrota en Alcorcón (1-0).