[29/11/2005]/O Pontevedra adestrou esta mañá no Principe Felipe; tódolos xogadores traballaron nesta sesión agás Alex Díaz que ausentóuse con permiso do clube.
Na sesión desta mañá xa estiveron Cabrera, que se recuperou das molestias que tiña nos xemelgos, e Fede Bahón, que estivo ausente no adestramento de onte luns para arranxar uns problemas persoais.
Pola contra, tres xogadores marcharon cara os vestiarios antes de tempo; Charles, Organista e Dani Hedrera remataron antes de tempo o adestramento por precaución.
O equipo voltará ó traballo o mércores; o cadro granate adestrará mañá en dobre sesión.