29 - 11 - 2005
[29/11/2005]/A Unión Deportiva As Palmas, vindeiro rival do Pontevedra, agardará ata última hora deste serán para saber se pode levar a cabo o adestramento programado para esta tarde ás 19 h. A fronte que se aveciña ás Canarias podería impedir co conxunto canario complete a sesión de traballo que ten previsto realizar no Estadio Insular.
En canto á actualidade, para o encontro do domingo, o adestrador Josip Vinsjic ten a única baixa do dianteiro Nacho Casanova, lesionado de gravidade, e recupera ós centrocampistas Jaime e Nauzet Alemán.

Buscando reforzos

A actualidade do equipo canario tamén pasa polo mercado de inverno. O clube amarelo está a buscar no mercado varias fichaxes; rumoréase ca Unión Deportiva As Palmas estaría interesada en Momo e Reggi, xogadores que xa vestiron a camiola amarela.
Nova engadida por JBA @ 16:51  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións