29 - 11 - 2005
[29/11/2005]/Achégase o período invernal, e no fútbol isto é sinómino de fichaxes. No mes de xaneiro, abriráse o mercado de fichaxes, e tanto o Pontevedra Clube de Fútbol coma a Unión Deportiva As Palmas reforzaránse. De feito, o clube granate xa anunciou a fichaxe de Igor de Souza.
Na cidade canaria, a prensa e a afección xa especula cos nomes dos xogadores que ficharán polo clube amarelo, e este feito molesta os xogadores do plantel canario.
Así o fixo saber Aythami, quen cre que falar de fichaxes non é beneficioso para o conxunto; o defensa explica que hai que agardar a que chegue ó parón invernal para comezar a valorar esa cuestión, aínda que en tódolos encontros nos que faltou xente, os que saíron no seu lugar o fixeron moi ben.
Para o defensa amarelo, o encontro contra o Pontevedra do domingo será outra historia, despois de co encontro de Melilla fora o típico da Segunda B no que primou máis o esforzo físico ca calidade e o talento.

Sen novidades no adestramento do rival granate

O plantel canario completou hoxe a dobre sesión de adestramentos. Salvo a coñecida baixa de Nacho Casanova, Josip Vinsjic ten ó resto do plantel á súa disposición.
Nun principio, había certo temor polas condicións climatolóxicas (como indica que nos campos de "La Ballena" suspendéronse os adestramentos), mais o ensaio discurriu sen ningun tipo de problemas.
O clube insular voltará ó traballo mañá mércores ás 10:30 h da mañá. Nun comezo, a sesión de adestramento íase celebrar en Barranco Seco, pero hoxe anunciaron que adestraran no Estadio Insular.
Nova engadida por JBA @ 20:10  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións