30 - 11 - 2005
[30/11/2005]/O vindeiro domingo, ademáis de enfrontarse dous grandes equipos, haberá tamén un interesante mán a mán entre un dos mellores gardamallas da categoría e o máximo goleador.
No Estadio de Gran Canaria, Yuri tentará seguir aumentando a súa marca goleadora ante Pindado, o tercer arqueiro menos goleado do grupo.
O arqueiro do conxunto canario é o único que xogou tódolos minutos no seu conxunto, o que mostra ben ás claras co adestrador confía plenamente en él.
O promedio de Pindado, só superado polos gardamallas do Universidade e o Melilla, é de 0,85 por encontro; para Pindado, o mérito de que a Unión Deportiva non reciba un maior número de goles está en que no seu equipo defenden todos, dende o primeiro punta ata o último xogador da zaga.
Coma todo gardamallas, ten un punto débil; o arqueiro abulense foi criticado nestes días pola súa hipotética falta de seguridade nos balóns aéreos, unha circunstancia que non lle preocupa en exceso.

Sobre o encontro do domingo, Pindado cre co Pontevedra é un adversario moi compricado, con futbolistas de moita calidade, e non será doado gañárlles.
Afirma que para eles sería moi importante para lograr unha victoria, xa que o seu obxectivo é conseguir un colchón de puntos sobre o quinto clasificado.
Nova engadida por Desconocido @ 14:56  | Actualidade
Opinións (1)  | Enviar
Opinións
Nova engadida por Convidado
18 - 02 - 2010 | 17:15
kFZiaD <a href="http://sinuhfsuuson.com/">sinuhfsuuson</a>, [url=http://kyzchnfxzvzx.com/]kyzchnfxzvzx[/url], [link=http://ljjpgsinmgsv.com/]ljjpgsinmgsv[/link], http://qrggjduziujn.com/