30 - 11 - 2005
[30/11/2005]/O Pontevedra traballou este serán en Pasarón. A diferencia do adestramento da mañá no que os xogadores traballaron o aspecto físico, no entreno de Pasarón, Argibay preparou unha sesión técnico e táctico, cas vistas postas no encontro contra a UD As Palmas.
O certo é que no encontro do pasado domingo, o Pontevedra amosou unha mellor faciana nos saques a balón parado, nas que lle creou moito perigo ó Pájara. De feito, o primeiro gol do Pontevedra, veu dun saque de esquina.
O equipo voltará a adestrar mañá, en Pasarón ás 16:30 h.

A Unión Deportiva As Palmas adestra pola mañá

O vindeiro rival dos granates tamén están a preparar o encontro do domingo. Os adestramentos da UD As Palmas están a transcorrer con absoluta normalidade, debido a ausencia de lesións.
O conxunto insular adestra mañá ás 10:30 h, en Barranco Seco.
Nova engadida por JBA @ 21:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións