30 - 11 - 2005
[30/11/2005]/O Pontevedra traballou este serán en Pasarón. A diferencia do adestramento da mañá no que os xogadores traballaron o aspecto físico, no entreno de Pasarón, Argibay preparou unha sesión técnico e táctico, cas vistas postas no encontro contra a UD As Palmas.
O certo é que no encontro do pasado domingo, o Pontevedra amosou unha mellor faciana nos saques a balón parado, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/11/2005]/O cadro granate realizou esta mañá a primeira das dúas sesións de traballo que Alberto Argibay programou para hoxe.
No adestramento desta mañá, desenrolado no Príncipe Felipe, o técnico comprobou que Charles, Organista e Dani Hedrera, que onte non puideron rematar o adestramento, exercitáronse esta mañá sen problemas; tamén reincorporouse ó traballo Alex Díaz, xogado [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/11/2005]/O vindeiro domingo, ademáis de enfrontarse dous grandes equipos, haberá tamén un interesante mán a mán entre un dos mellores gardamallas da categoría e o máximo goleador.
No Estadio de Gran Canaria, Yuri tentará seguir aumentando a súa marca goleadora ante Pindado, o tercer arqueiro menos goleado do grupo.
O arqueiro do conxunto canario é o único que xogou tódo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:56  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
29 - 11 - 2005
[29/11/2005]/Achégase o período invernal, e no fútbol isto é sinómino de fichaxes. No mes de xaneiro, abriráse o mercado de fichaxes, e tanto o Pontevedra Clube de Fútbol coma a Unión Deportiva As Palmas reforzaránse. De feito, o clube granate xa anunciou a fichaxe de Igor de Souza.
Na cidade canaria, a prensa e a afección xa especula cos nomes dos xogadores que ficharán polo clu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:10  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/11/2005]/A Unión Deportiva As Palmas, vindeiro rival do Pontevedra, agardará ata última hora deste serán para saber se pode levar a cabo o adestramento programado para esta tarde ás 19 h. A fronte que se aveciña ás Canarias podería impedir co conxunto canario complete a sesión de traballo que ten previsto realizar no Estadio Insular.
En canto á actualidade, para o encontro do [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:51  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/11/2005]/O Pontevedra adestrou esta mañá no Principe Felipe; tódolos xogadores traballaron nesta sesión agás Alex Díaz que ausentóuse con permiso do clube.
Na sesión desta mañá xa estiveron Cabrera, que se recuperou das molestias que tiña nos xemelgos, e Fede Bahón, que estivo ausente no adestramento de onte luns para arranxar uns problemas persoais.
Pola contra, tres x [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:54  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/11/2005]/O encontro da xornada 16 co Pontevedra vai disputar no Municipal de Pasarón ante o Castillo xogaráse o domingo 11 de decembro ás 12 da mañá.
Será a primeira vez co cadro granate xoga un encontro na casa en horario de mañá. A derradeira vez na co Pontevedra xogou na casa ás 12 h foi a tempada pasada na Segunda División, cando vencera ó Celta por 3-1 goles. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:47  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/11/2005]/O plantel ó completo do Pontevedra adestrará este martes no Príncipe Felipe. Despois de que o luns só se exercitaran os xogadores non convocados, no adestramento de este martes, ás 10:30 h no Príncipe Felipe, xa se incorporará o resto do plantel.
Alberto Argibay poderá ollar o estado no que se atopa Cabrera; o mediocentro tivo que ser sustituído o pasado domingo por [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:54  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/11/2005]/A primeira plantilla da Unión Deportiva As Palmas, ten programado para este martes unha dobre sesión de traballo. Tras desfrutar no luns do día de descanso, os xogadores adestrarán ás 10:30 h da mañá, hora galega, no Estadio Insular.
Xa polo serán, o vindeiro rival do Pontevedra exercitaráse no mesmo esceario ás 19 h.
Para o encontro contra o cadro granate, o a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
28 - 11 - 2005
[28/11/2005]/O plantel granate levará acabo este serán, unha sesión de traballo no Príncipe Felipe.
Os xogadores que onte xogaron contra o Pájara Playas de Jandía terán unha sesión de recuperación, mentres cos non convocados seguirán un plan específico de adestramento.
A boa nova, sen ningunha dúbida, foi a volta de Luciano ós terreos de xogo. O xogador dereito está de nora [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/11/2005]/O Pontevedra Clube de Fútol, mediante un comunicado oficial, comunicou esta mañá co lateral dereito do Pontevedra, Luciano, ampliou o seu contrato co clube granate por tres tempadas.
Deste xeito, Luciano vestirá a camisola granate ata o 30 de Xuño do 2009. O porriñés contaba con ofertas de clubes de superior categoría, pero decidiu ampliar o seu contrato co clube gal [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/11/2005]/-Resultados acadados pola base granate:

[0-1]---Marcón-Pontevedra "B".....(Primeira Rexional)
[2-2]---Pontevedra-Puente Castro.... (Div.Honra Xuvenil)
[3-2]---Pontevedra-Ural......(Div. Honra Cadete)
[1-2]---Rápido de BouzasPontevedra........(Liga Galega Infantil)
[4-0]---Pontevedra-Cuntis.....(Fútbo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:14  | Actualidade
Opinións (1)  | Enviar
27 - 11 - 2005
[27/11/2005]/-Estes son os resultados da xornada 14:

Celta B 0-0 Castillo
Fuenlabrada 0-0 Atlético B
Lanzarote 3-0 Alcalá
Melilla 0-0 As Palmas
Móstoles 0-0 Leganés
Pontevedra 2-0 P.Jandía
Raio 1-1 Alcorcón
San Isidro 3-2 Ourense
Universidade 0-0 Negreira [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Pontevedra -2- Playas de Jandía -0-

[27/11/2005]/O Pontevedra deixou sentenciado o encontro antes do descanso. O cadro granate, sen facer un fútbol brillante, dominou ó conxunto canario con certa comodidade. Sen ir máis lonxe, o gardamallas Bonnis só tivo que actuar en dúas ocasións.
O encontro comezou cun Pájara Playas de Jandía tentado sorprender ós granate [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
26 - 11 - 2005
[26/11/2005]/O Pontevedra tentará facer bo o punto coseitado ante filial do Atlético de Madrid logrando unha victoria na casa ante o Pájara Playas de Jandía. Será a segunda visita da tempada a Pasarón dun equipo canario, despois de co Universidade sacáse un punto na sexta xornada. Nembargantes, a diferencia do Universidade, equipo que visitara Pontevedra sen coñecer a derrota, o Playas [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/11/2005]/A canteira granate afronta outra fin de semana rechea de encontros. Coma novidade, destacar que esta semana produciráse a estrea do conxunto feminino en competición oficial.Estes son os enfrontamentos dos equipos da base granate:

---Marcón-Pontevedra "B" ......[primeira rexional]
Campo de Monte Carrasco.Domingo 27 de Novembro ás 16.15 h.
[...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/11/2005]/O Pontevedra levou a cabo esta mañá o derradeiro adestramento da semana; a sesión tivo lugar no Municipal de Pasarón a porta pechada.
Unha vez rematada a sesión de traballo, Alberto Argibay facilitou a lista de convocados para o encontro de mañá contra o Pájara Playas de Jandía. Unha lista formada polos gardamallas Bonnis e Paco Bazán, os zagueiros Luciano, Fede Bah [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
25 - 11 - 2005
[25/11/2005]/José Aurelio Gay, o técnico que levou ó Pontevedra a Segunda División despois de case trinta anos na Segunda B, adestrará ó Real Xaén polo que resta de tempada. O técnico madrileño comprometeuse co conxunto andaluz, conxunto que milita no grupo cuarto de Segunda B, e que atópase neste intres nos derradeiros postos da táboa clasificatoria, a tres puntos do descenso.
G [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/11/2005]/Alberto Argibay programou para mañá pola mañá un adestramento a porta pechada no Municpal de Pasarón, ás 10:30 h.
Deste xeito, o técnico granate agochará o posible once titular que utilizará contra o Playas de Jandía.
Argibay estará pendente da evolución do gardamallas Bonnis e de Manu Busto. Ámbolos dous xogadores non xogaron o amistoso contra o Futebol Cube [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/11/2005]/O xogador do Pontevedra Alex Díaz está a pensar a posibilidade de marchar a outro clube en calidade de cedido. As poucas ocasións das que dispón o ferrolán e a chegada de Igor á dianteira granate fan, se cabe, máis díficil que teña minutos no equipo granate.
< [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:10  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/11/2005]/Os compoñentes do primeiro plantel disfrutarán este venres dunha sesión de recuperación. A diferencia das derradeiras sesións de recuperación, na que os xogadores granates desprazábanse ata o balneario de Cuntis, mañá estarán no Centro Onsen, sito no polígono do Bao.
A partires de agora, tras un convenio entre o clube granate e este Centro, os xogadores farán eiquí a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/11/2005]/O Pontevedra caíu derrotado por 2 goles a 1 no encontro que disputou ante o Futebol Clube do Marco.
O conxunto portugués adiantouse no marcador no minuto 23 cun gol de Vieirinha. Nove minutos despois, o cadro granate conseguiría o empate cun gol do dianteiro Tiago Belmonte. O 2-1 definitivo chegou a 5 minutos para o descanso, tanto conseguido por Chiquinho.
Por [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:50  | Actualidade
Opinións (1)  | Enviar
24 - 11 - 2005
[24/11/2005]/O Pontevedra xogará mañá ás cinco da tarde un encontro amistoso fronte ó Futebol Clube do Marco. Un encontro que podería supoñer a volta de Luciano ós terreos de xogo tras estar dous meses mancado. O lateral dereito leva adestrando toda a semana co resto do grupo, aínda que o seu nivel físico non é ó adecuado.
Este encontro tamén podería ser o da estrea de Igor coma [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:17  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
23 - 11 - 2005
[23/11/2005]/O Pontevedra adestrou esta mañá no Príncipe Felipe, para seguir preparando o encontro de liga que vai disputar o vindeiro domingo en Pasarón, fronte o Pájara Playas de Jandía.
Na sesión non estivo Bonis, que non se adestrou a causa dunha gripe. Ademáis, Tinaia e Sito non adestraron a un alto ritmo por culpa dunha sobrecarga.

O equipo voltará este serán ó [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:51  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/11/2005]/O primeiro plantel do Pontevedra adestra hoxe mércores nunha dobre sesión de traballo, co único obxectivo de conquerir os tres puntos do vindeiro encontro ligueiro fronte o Pájara Playas de Jandía. Pola mañá, exercitaránse no Principe Felipe, ás 10:30 h, e pola tarde, o adestramento levaráse a cabo a porta pechada no Municipal de Pasarón, ás 16:30 h.
Argibay comproba [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/11/2005]/O Pontevedra disputará mañá un encontro amistoso na localidade portuguesa de Marco de Canaveses, situado ó carón da cidade de Porto.
O rival do cadro granate será o Futebol Clube do Marco, equipo que este ano compite na Liga de Honra de Portugal; nestes intres está situado no decimosegundo posto da táboa clasificatoria, tras perder o pasado domingo por 4-1 co Vizela. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:57  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/11/2005]/Igor de Souza foi presentado hoxe no Municipal de Pasarón coma novo xogador do cadro granate. O xogador brasileño, que ten pasaporte portugués mostrou a súa ledicia por firmar polo equipo pontevedrés e agarda que no verán, a afección e o plantel celebren o ascenso á Segunda División.
Nas súas primeiras palabras como xogador granate, Igor afirmou < [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:38  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
22 - 11 - 2005
[22/11/2005]/O Pontevedra voltou hoxe ó traballo. Os xogadores do primeiro plantel adestraron ás 10:30 h no Principe Felipe.
Un adestramento no que non estivo Cabrera, que tivo permiso do clube para ausentarse da sesión, semella que por motivos persoais.
En referencia ó adrestamento, Manu Busto non adestrou cos seus compañeiros a causa dunha tendinitis, Sito traballou á mar [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/11/2005]/O Pontevedra Clube de Fútbol chegou a un acordo co Sporting de Braga para que Igor de Souza xogue en calidade de cedido ata o remate de tempada; o cadro granate resérvase unha opción de compra unilateral sobre o xogador.
O novo dianteiro será presentado hoxe no Municipal de Pasarón, ás 17:45 h.
O brasileño non poderá debutar co seu novo equipo ata xaneiro, intr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/11/2005]/A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, estivo hoxe en Pontevedra, e mantivo unha xuntanza co alcalde Miguel Fernández Lores. Nesta xuntanza, ámbolos dous confirmaron ca vindeira semana terá lugar a firma do convenio para a construcción do novo estadio.
Este convenio compromete ás tres institucións, Xunta, Deputación e Concello, a realizar as obras de Pas [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/11/2005]/O almanaque de liga deparou, alá polo comezo do verán, co Pontevedra tivese que enfrontárse en catro encontros seguidos a equipos madrileños, e nos catro seguintes, a equipos das Illas Canarias.
Unha vez rematada a xeira de catro partidos contra equipos da Comunidade Madrileña, o Pontevedra acadou 5 puntos de 12 posibles. No primeiro encontro, os granates acadaron un [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:44  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/11/2005]/O Pontevedra voltará hoxe martes os adestramentos. Os xogadores do cadro granate realizarán unha sesión de traballo no Príncipe Felipe ca mirada posta xa no vindeiro rival, o Pájara Playas de Jandía.
O conxunto canario aínda non coñece a victoria fóra da casa, e o Pontevedra quere que siga sendo así.
Para este encontro, Alberto Argibay recupera a Mikel Azparren [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/11/2005]/O Pontevedra deu a coñecer os prezos das entradas para o encontro da vindeira xornada contra o Pájara Playas de Jandía.
Os senior deberán abonar 25 euros para preseciar o encontro na Tribuna, 20 euros na Preferencia e 10 euros no Fondo Norte.
Pola súa parte, os xuvenís (menores de dezaoito anos) deberán pagar 10 euros para ver o partido dende a Tribuna, 6 euros [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
21 - 11 - 2005
[21/11/2005]/Está previsto ca nova fichaxe do Pontevedra, Igor de Souza, chegue mañá á Cidade do Lérez. A inteción do corpo técnico do Pontevedra é co atacante comeze a adestrarse canto antes xuntos cos seus novos compañeiros. Nembargantes, a súa presentación non se producirá ata co presidente Nino Mirón chegue á capital das Rías Baixas, que está prevista para o xoves.

[...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:33  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/11/2005]/A TVG e a TV Canaria confirmaron hoxe co encontro que vaise disputar na xornada 15 entre a Unión Deportiva As Palmas e o Pontevedra Clube de Fútbol vai ser transmitido en directo por ámbalas dúas canles televisivas.
Deste xeito, o encontro será o domingo 4 de decembro ás 18:30 h, hora galega. Será o quinto encontro que lle retransmitan ó clube granate, xa que con ant [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/11/2005]/-Estes son os resultados acadados pola base granate:

[1-0]---Pontevedra "B"-Catoira.....(Primeira Rexional)
[3-2]---Avilés-Pontevedra.... (Div.Honra Xuvenil)
[2-0]---A Seca-Pontevedra......(Div. Honra Cadete)
[1-1]---Pontevedra-Moaña........(Liga Galega Infantil)
[1-2]---Vilanova-Pontevedra.....(Fútbo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:12  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/11/2005]/-Estes son os resultados da xornada 13:

Alcalá 0-1 Raio
Alcorcón 0-0 Móstoles
Atlético B 1-1 Pontevedra
Castillo 1-0 San Isidro
As Palmas 2-2 Celta B
Leganés 0-1 Fuenlabrada
Negreira 2-1 Lanzarote
Ourense 2-3 Vecindario
P.Jandía 3-1 Melilla [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:47  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
20 - 11 - 2005
[20/11/2005]/O Pontevedra ven de acadar un acordo co dianteiro do Sporting de Braga, actual líder da Superliga Betandwin de Portugal, un acordo para co dianteiro Igor de Souza Fonseca vista a camisola granate a partir de Xaneiro.
Igor, que estaba xogando cedido no Estrela Amadora, equipo da primeira portuguesa, é irmán de Yuri e curmán de Charles, xogadores do Pontevedra.
[...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:47  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Atlético B -1- Pontevedra -1-

[20/11/2005]/O Pontevedra logrou sacar un empate a pesar de non ter xogado un bo encontro. O conxunto granate tivo a sorte de ter a un inspirado Bonnis, xa que o gardamallas francés salvou o equipo pontevedrés de voltar de vacío cara Pontevedra.
A primeira metade caracterizouse pola escasa actividade ofensiva por parte de ámbolos [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:36  | Actualidade
Opinións (1)  | Enviar
19 - 11 - 2005
En busca dos postos de play-off

[19/11/2005]/O Pontevedra tentará mañá encaramarse ós catro primeiros postos da táboa clasificatoria, os que permiten ó remate da tempada xogar as eliminatorias de ascenso á Segunda División.
O cadro granate terá enfrente ó Atlético "B", conxunto que non se lle da precisamente ben, xa que nas dúas derradeiras visitas a Maxadahon [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/11/2005]/A canteira granate afronta outra fin de semana rechea de encontros. Estes son os compromisos das categorias inferiores do Pontevedra:

---Pontevedra "B"-Catoira ......[primeira rexional]
A Xunqueira.Domingo 20 de Novembro ás 16.15 h.
---Avilés-Pontevedra......[div.honra xuvenil]
Estadio Suárez Puerta.Domingo 20 de Novembro ás 12 [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
18 - 11 - 2005
[18/11/2005]/O adestrador do Atlético "B" Pepe Murcia convocou a tódolos xogadores que ten dispoñibles nestes intres para disputar o encontro contra o Pontevedra. As novidades son a volta do defensa Pablo Sicilia e o mediocampista Rubén Cuesta, ausentes na pasada xornada ó estar sancionados, e a inclusión na convocatoria do gardamallas do xuvenil Marugan.
Pola contra, o técnico d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/11/2005]/O Pontevedra adestrou esta mañá no Municipal de Pasarón. Alberto Argibay comprobou a evolución que está a levar a cabo Luciano, quen xa se adestra con normalidade, aínda que necesita mellorar a súa forma física. O que non adestrou onte xoves foi Cabrera, por culpa dunhas dores estomacais. O madrileño semella estar xa recuperado e viaxará ata Madrid mañá sábado, xunto co re [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:16  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
17 - 11 - 2005
[17/11/2005]/Nino Mirón atópase no Brasil, onde está ultimando os derradeiros detalles para pechar a fichaxe dun dianterio centro, de 1,90 m de altura, de 25 de idade e con experiencia na Liga Brasileña.
A intención do corpo técnico é a de que esa nova fichaxe chege a vindeira semana a Pontevedra, para ter máis tempo de adaptación á cidade e ós novos compañeiros.
O clube fa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/11/2005]/Os xogadores do primeiro plantel do Pontevedra están citados ás 16:30 h., para levar a cabo un adestramento a porta pechada no Municipal de Pasarón.
Argibay comproborá o estado no que se atopan os xogadores que sufren algún tipo de doenzas, como son os casos dos mediocentros Cabrera e Organista, o lateral dereito Luciano ou o mediapunta Fran Rico. O corpo técnico dec [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:44  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/11/2005]/O Pontevedra enfrontaráse o vindeiro domingo a un rival que non se lle da precisamente ben. Nas súas visitas ó campo do Atlético de Madrid "B", os granates coseitaron seis derrotas, un empate e catro triunfos. Os enfrontamentos máis recentes datan das tempadas 2000-2001, cando os granates perderan por 3-0, e na 2002-2003, ano no que o filial atlético goleou ó Pontevedra po [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/11/2005]/Finalmente, o defensa Mikel Azparren deberá cumprir un encontro de sanción, despois de que no derradeiro encontro recibíse o quinto cartón amarelo.
Nun principo, semellaba que o cartón amarelo que lle amosaron a Azparren o pasado domingo era o cuarto. Nembargantes, hoxe, o Comité de Competición confirmou o encontro de sanción.
Deste xeito, o técnico granate non [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:50  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
16 - 11 - 2005
[16/11/2005]/Hoxe mércores 16 de Novembro, era o día asinado polo Pontevedra para que tódolos cidadáns que quixesen, se achegásen ata os oficinas do clube para participar no casting de selección do spot que vai grabar o clube granate.
Unha vez que rematou o prazo do casting, o clube granate calcula que preto de 300 cidadáns da Cidade do Lérez animáronse e achegáronse ata as ofici [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/11/2005]/O vindeiro rival do Pontevedra, o Atlético "B", tamén prosegue co plan de adestramentos, ca intención de preparar o encontro contra os granates.
Debido á ausencia dos xogadores internacionais que compoñen o primeiro plantel, que se atopan concentrados cas súas respectivas seleccións, o adestrador do primeiro equipo, Carlos Bianchi, decidiu cos compoñentes do primeiro [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:34  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/11/2005]/O Pontevedra adestra hoxe mércores en dobre sesión. Alberto Argibay está pendente da evolución de dous xogadores.
O lateral dereito Luciano participou onte no partidiño dos titulares contra os suplentes e recibiu un golpe no pé que ten mancado na derradeira acción da sesión que lle llevou a amosar xestos de dor e preocupación.
Outro home que non adestrou onte é [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:16  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/11/2005]/O Pontevedra voltou este martes ó traballo, para comezar a preparar o encontro que vai disputar o vindeiro domingo contra o Atlético de Madrid "B".
A sesión, que levóuse a cabo nas Instalacións do Principe Felipe, estivo marcada pola ausencia do arxentino Ariel Montenegro, según fontes do clube, por motivos persoais. É a segunda semana consecutiva que Montenegro ausé [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
15 - 11 - 2005
[15/11/2005]/O Pontevedra segue sen gañar con amplitude. Fíxoo en Negreira e alí pareceu acabárselle a pólvora. Antes e despois daquel sábado encomendóuse ó sufrimento para ir sumando puntos.
Contra o Leganés, derradeiro encontro que se xogou en Pasarón, o cadro granate pudo golear ós madirleños. Mais as ocasións erradas na primeira metade (dous goles, un poste, un erro a porta [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
14 - 11 - 2005
[14/11/2005]/Os xogadores que onte entraron na lista de convocados para o encontro fronte ó Clube Deportivo Leganés disfrutaron hoxe do día de lecer ca ledicia da victoria conseguida onte en Pasarón.
Tres puntos que, unidos ás derrotas do Raio Vallecano e o Alcorcón, sitúan ós granates a só dous puntos do cuarto clasificado.
Deste xeito, hoxe só tiveron sesión de adestramen [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/11/2005]/A Federación de Peñas do Pontevedra organiza unha viaxe para que os afeccionados co desexen, presenzen o encontro que vai disputar o Pontevedra o vindeiro domingo contra o Atlético de Madrid "B".
Os prezos de dita viaxe son de 15 euros para os federados, e de 18 euros para os non federados.
O prazo para apuntarse á viaxe é de martes a venres, en horario de 19:3 [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:44  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/11/2005]/-Estes son os resultados acadados pola base granate:

[0-0]---Ribadumia-Pontevedra "B".....(Primeira Rexional)
[3-1]---Pontevedra-Salamanca.... (Div.Honra Xuvenil)
[0-2]---Pontevedra-Deportivo......(Div. Honra Cadete)
[4-0]---Celta-Pontevedra........(Liga Galega Infantil)
[1-0]---Pontevedra-Céltiga.... [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
13 - 11 - 2005
[13/11/2005]/-Estes son os resultados da xornada 12:

Castillo 1-0 Ourense
Celta B 3-1 P.Jandía
Fuenlabrada 1-0 Alcorcón
Lanzarote 3-2 S.S. Reis
Melilla 2-1 Atlético B
Móstoles 1-1 Alcalá
Pontevedra 2-1 Leganés
Raio 0-1 Negreira
San Isidro 1-2 As Palmas [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 23:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/11/2005]/O Pontevedra voltou á senda da victoria despois dos tropezos nas derradeiras dúas xornadas. Moito sufriron os afeccionados que hoxe achegáronse ata Pasarón. E iso co Pontevedra semellaba ter encarrilado o encontro, cando, ós 20 minutos de partido xa gañaba por 2-0.
O comezo de partido foi interesante. Leganés e Pontevedra buscaban a porta rival unha e outra vez, e de [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
12 - 11 - 2005
[12/11/2005]/O Pontevedra tentará de romper mañá a mala xeira de resultados que está a coseitar contra rivais madrileños. Tras ser incapaz de gañar ó Alcalá e ó Alcorcón, os granates confían en voltar a senda da victoria fronte o Leganés.
Os afeccionados non perdoarían outro tropezo máis, xa que son moitos os puntos que voaron de Pasarón. En cinco encontros, o Pontevedra conqueri [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:52  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[12/11/2005]/O que fora adestrador da SD Compostela e a Cultural Leonesa, entre outros equipos, Luis Ángel Duque, chegará á fronte do Leganés despois de co clube madrileño batíse o récord na destitución do adestrador ó cargarse a Quique Estebaranz trala segunda xornada.
Duque agarda mañá en Pasarón un encontro «moi competido, compricado e difícil para ámbolos dous equipos», e exp [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[12/11/2005]/O Pontevedra ultimou hoxe a súa preparación para o encontro que vai disputar mañá fronte o Clube Deportivo Leganés.
O plantel granate adestrou hoxe no Municipal de Pasarón a porta pechada, agochando deste xeito o posible once de saída que utilizará mañá, e dando as ultimas instruccións os seus xogadores nas accións a balón parado, principal dor de cabeza de Alberto A [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[12/11/2005]/O Pontevedra Clube de Fútbol terá un anuncio de televisión. A productora "Puente Aéreo Producciones S. L." será a encargada de elaborar o producto publicitario para a entidade que preside Nino Mirón.
O spot será emitido na canle autonómica (TVG) e posteriormente tamén será difundido en canles nacionais. A rodaxe levaráse a cabo en diferentes lugares da capital do Lér [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
11 - 11 - 2005
[11/11/2005]/A canteira granate afronta outra fin de semana rechea de encontros. Estes son os compromisos das categorias inferiores do Pontevedra:

---Ribadumia-Pontevedra "B" ......[primeira rexional]
Campo de "A Senra".Domingo 13 de Novembro ás 16.15 h.
---Pontevedra-Salamanca......[div.honra xuvenil]
Campo de "As Lombas" (O Grove).Domingo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar