30 - 12 - 2005
[30/12/2005]/Confirmada a continuidade de Manu Busto, polo menos ata o 30 de xuño, o defensa central Dani Hedrera segue agardando unha resposta do Pontevedra sobre a rescisión do contrato que solicitou.
Aínda que fontes do clube descartan que o andaluz houbese solicitado a súa baixa, éste aclarou onte, ó remate do adestramento vespertino, que llo dixo ó técnico, Alberto Argibay, i éste pediulle uns días de prazo para fichar a outro xogador.
Hedrera recoñeceu que ten unha oferta doutro equipo no que poder participar máis minutos que os que ven facendo no Pontevedra.


-FONTE: A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 13:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións