[30/12/2005]/O Pontevedra non quere a ningún xogador a disgusto no equipo. Necesita que tódolos que integren o plantel estén cos cinco sentidos centrados no seu traballo, polo que o clube está disposto a facilitar a saída de Ariel Montenegro a pesar de que o centrocampista arxentino demostrou ser un xogador dunha calidade excepcional para a Segunda B.
A firme decisión da muller e fillos de Ariel Montenegro de continuar residindo en Córdoba, descartando calqueira opción de fixar unha residencia máis ou menos temporal en Pontevedra, botaron por terra as ilusións do arxentino de contribuir ó ascenso do equipo granate a Segunda A.
É probable que o derbi provincial do vindeiro 8 de xaneiro contra o Celta B en Pasarón supoña o derradeiro encontro deste xogador coa camisola granate. Incluso non se descarta que poida viaxar a Melilla para participar no derradeiro partido da primeira volta xa que a directiva granate dispón de todo o mes para atopar o sustituto para o seu puesto.
-FONTE: A Voz de Galicia