30 - 12 - 2005
[30/12/2005]/O debut coa camisola granate do dianteiro centro brasileño Igor de Souza e do lateral esquerdo catalán Fran González será o maior aliciente para o amigable que, a partir das sete do serán, disputará o Pontevedra no vello Pasarón contra o Alondras.
Alberto Argibay quere ver en acción os seus xogadores despois das vacacións de nadal ante un rival de certo nivel como o cangués -mantén aspiracións de participar na fase de ascenso a Segunda B- para que especialmente, os recén chegados vaian acoplándose os seus compañeiros.
Tanto Fran como Igor están demostrando nos adestramentos que poseen unha apreciable calidade técnica e no caso do ariete brasileño, a súa fortaleza física non pasa desapercibida para os compañeiros que teñen que defendelo nos adestramentos.
Será por tanto unha boa oportunidade para que os afeccionados granates vexan en acción o seu equipo despois dos nove goles que conseguiu nos dous derradeiros encontros ante os conxuntos canarios do Castillo e do San Isidro.
O Alondras é quinto clasificado no grupo primeiro de Terceira División, a dous puntos do cuarto, o Santa Comba. O dirixe o técnico vigués Carlos de Andrés i entre o plantel de xogadores está o ex granate Santi Domínguez, tralo seu paso polo Alcorcón co técnico Raúl González.


-FONTE: A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 14:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións