30 - 12 - 2005
[30/12/2005]/A incorporación do asturiano é un dos claros obxectivos de Nino Mirón para o mercado de inverno, para suplir a máis que posible baixa de Montenegro. Nestes intres, as diferencias económicas son o principal impedimento para alcanzar un acordo entre a entidade e o futbolista.

O Pontevedra Clube de Fútbol lanzou unha ofensiva para tratar de facerse cos servizos de Rubén Reyes, centrocampista zurdo que na pasada tempada brillou na Capital do Lérez. O clube e o futbolista mantiveron os primeiros contacots para abrir unha negociacion e a predisposicion por ámbalas dúas partes é positiva, en especial por parte do futbolista. O principal impedimento que atopa o asturiano nestes intres é a súa alta ficha. Á marxe de todo isto, a oferta deportiva e a situación do clube non supoñe ningún tipo de problema para o futbolista. Rubén Reyes xa afirmou o seu interés en regresar ó Pontevedra. No Albacete non lle deron as oportunidades de amosar a súa calidade, pero xa disputou cinco encontros co clube manchego, polo que non podería xogar con outro conxunto da Segunda División. Por iso, e ante a evidente falta de confianza por parte do seu adestrador, o Albacete estudia darlle a baixa para librar fichas e reforzar a banda esquerda. O asturiano manexaba dúas opcións: unha, a do fútbol europeo, e outra, a de quedar en España e fichar por un clube da Segunda División B. Nese segundo caso, a súa primeira opción será a de voltar ó Pontevedra, por varios motivos: primeiro, por coñecer o funcionamento interno da entidade grante. Segundo, porque sabe que, traballando i en condicións normais, xogaría sí ou sí. Terceiro, porque o matrimonio Pontevedra-Rubén Reyes cheira a ascenso. Ademáis, o xogador estaría preto da súa Asturias natal e podería aproximarse a un contrato que lle aportase estabilidade, despois de sufrir nas derradeiras campañas os sensabores do Vilareal e o Albacete.
"No caso de irme á 2ªB, o Pontevedra sería a miña primeira opción, porque é un equipo gañador con opcións de ascender e iso sempre é interesante", admitíu Rubén. A confianza entre ámbalas dúas partes e a falta de gañas de Reyes de marchar ó estranxeiro (a outra opción) poderían facilitar que as diferencias económicas se solventasen e a súa volta convertírase nunha realidade.


-FONTE: Diario de Pontevedra
Nova engadida por JBA @ 15:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións