[30/12/2005]/O presidente do Pontevedra, Nino Mirón, en declaracións a Radio Pontevedra, recoñeceu co clube granate está a facer todo o posible por que Rubén Reyes recale de novo no Pontevedra: "O vindeiro 2 de Xaneiro é o meu aniversario, e como agasallo gustaríame ver de volta a un xogador, quero que vista de novo de granate".
O presidente confirmou que tratábase de Rubén Reyes, e afirmou que están facendo todo o posible por que o asturiano se decline pola oferta granate: "Estamos poñendo tódalas nosas forzas para que Rubén Reyes volva ó Pontevedra; é un xogador moi interesante, e de seguro que sería un gran agasallo de nadal para a afección".
Desexos para o 2006
Aproveitando a súa comparecencia ante os micrófonos da radio local, Nino Mirón tamén confirmou que é o que quere para o vindeiro ano.
O presidente granate pídelle ó ano 2006 varias cousas para o Pontevedra. "Agardemos que no 2006 completemos o proceso en Sociedade Anónima Deportiva e que logremos o ascenso á Segunda División. Estes serían os principais desexos, pero tamén hai outros temas, como a construcción do Novo Pasarón ou o tema da Fundación, que me gustaría que se fagan relidade".