[30/12/2005]/O gabinete de prensa do Pontevedra confirmou que o vindeiro compromiso de liga que o Pontevedra vai disputar ante o Celta B será o domingo 8 de Xaneiro ás 17 horas. Nun principio, especulábase coa posibilidade de que este encontro xogaráse o sábado 7, televisado pola TVG, pero finalmente o canle autonómico decidiu non retransmitir dito partido.
Pola contra, a TVG si confirmou que o encontro da 20ª xornada, entre Pontevedra e Ourense vai ser televisado. Deste xeito, este encontro xogaráse o sábado 21 de Xaneiro ás 18:30 horas.
Prezos das entradas para o Pontevedra-Celta "B"
Ademáis de confirmar o horario do partido contra o filial celtiña, a directiva do Pontevedra xa fixou os prezos das entradas para ese encontro. Os senior deberán desembolsar 30 euros se queren acceder á Tribuna, 25 euros en Preferencia e 20 euros no Fondo Norte. Os menores de idade terán que pagar 15 euros para ver o encontro dende a Tribuna, 12 euros para Preferencia e 10 euros para o Fondo Norte.