[31/12/2005]/O adestrador do Pontevedra, Alberto Argibay, comeza a pensar xa no primeiro encontro do ano contra o Celta "B" e califica como válida a proba que tivo onte o seu conxunto fronte o Alondras en Pasarón. Iso sí, o técnico foi crítico cos goles recibidos polo seu conxunto: "Non podemos encaixar dous tantos dese xeito". O técnico granate non quixo xuzgar de xeito contundente a actuación dos seus novos futbolistas, Fran González e Igor de Souza, ó entender que era prematuro darlles un valor polo seu primer enfrontamento e ademáis tratarse dun amigable. "Non me parece xusto evaluar o seu traballo por un só encontro".
O técnico pontevedrés recoñeceu "falta de tensión" no seu equipo, dado o momento do ano no que se produce.
-FONTE: Diario de Pontevedra