[31/12/2005]/O Numancia vai a por Ariel Montenegro. O director deportivo do clube soriano, Máximo Hernández, recoñeceu onte o interés que a entidade á que pertence ten por facerse cos servizos do mediocentro arxentino. O responsable técnico das fichaxes do bloque roxillo condiciona á vontade do Pontevedra a execución da operación. Hernández amósase optimista ó respecto da posibilidade de conseguir a contratación do mediocentro, polo que se deduce que, a pesar de non haber confirmación ó respecto por ningunha de ámbalas dúas partes, a institución castellana e o futbolista están próximos a un acordo. Nembargantes, o clube que debe decidir é o Pontevedra. Dende o clube de Pasarón asegúrase que o iberoamericano segue pertencendo a súa disciplina. Para que Montenegro saíse, o clube debería atopar no mercado un sustituto que ocupe a súa demarcación.
-FONTE: Diario de Pontevedra