31 - 12 - 2005
[31/12/2005]/O Numancia vai a por Ariel Montenegro. O director deportivo do clube soriano, Máximo Hernández, recoñeceu onte o interés que a entidade á que pertence ten por facerse cos servizos do mediocentro arxentino. O responsable técnico das fichaxes do bloque roxillo condiciona á vontade do Pontevedra a execución da operación. Hernández amósase optimista ó respecto da posibilidade de conseguir a contratación do medi [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:36  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[31/12/2005]/O adestrador do Pontevedra, Alberto Argibay, comeza a pensar xa no primeiro encontro do ano contra o Celta "B" e califica como válida a proba que tivo onte o seu conxunto fronte o Alondras en Pasarón. Iso sí, o técnico foi crítico cos goles recibidos polo seu conxunto: "Non podemos encaixar dous tantos dese xeito". O técnico granate non quixo xuzgar de xeito contundente a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
30 - 12 - 2005
[30/12/2005]/O Pontevedra ven de gañar por 3 goles a 2 ó Alondras, no amigable que disputou este serán contra o conxunto cangués. Os afeccionados que se achegaron ata Pasarón puideron ver en escea ás dúas últimas fichaxes: Fran González e Igor de Souza.
Alberto Argibay utilizou na primeira parte a Paco Bazán, Mauro, Fede Bahón, Azparren, Fran González, Cabrera, Fran Rico, Charles [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/12/2005]/O gabinete de prensa do Pontevedra confirmou que o vindeiro compromiso de liga que o Pontevedra vai disputar ante o Celta B será o domingo 8 de Xaneiro ás 17 horas. Nun principio, especulábase coa posibilidade de que este encontro xogaráse o sábado 7, televisado pola TVG, pero finalmente o canle autonómico decidiu non retransmitir dito partido.
Pola contra, a TVG si [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/12/2005]/O presidente do Pontevedra, Nino Mirón, en declaracións a Radio Pontevedra, recoñeceu co clube granate está a facer todo o posible por que Rubén Reyes recale de novo no Pontevedra: "O vindeiro 2 de Xaneiro é o meu aniversario, e como agasallo gustaríame ver de volta a un xogador, quero que vista de novo de granate".
O presidente confirmou que tratábase de Rubén Reye [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:48  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/12/2005]/A incorporación do asturiano é un dos claros obxectivos de Nino Mirón para o mercado de inverno, para suplir a máis que posible baixa de Montenegro. Nestes intres, as diferencias económicas son o principal impedimento para alcanzar un acordo entre a entidade e o futbolista.

O Pontevedra Clube de Fútbol lanzou unha ofensiva para tratar de facerse cos servizos d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/12/2005]/O debut coa camisola granate do dianteiro centro brasileño Igor de Souza e do lateral esquerdo catalán Fran González será o maior aliciente para o amigable que, a partir das sete do serán, disputará o Pontevedra no vello Pasarón contra o Alondras.
Alberto Argibay quere ver en acción os seus xogadores despois das vacacións de nadal ante un rival de certo nivel como o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/12/2005]/O Pontevedra non quere a ningún xogador a disgusto no equipo. Necesita que tódolos que integren o plantel estén cos cinco sentidos centrados no seu traballo, polo que o clube está disposto a facilitar a saída de Ariel Montenegro a pesar de que o centrocampista arxentino demostrou ser un xogador dunha calidade excepcional para a Segunda B.
A firme decisión da muller e [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/12/2005]/Confirmada a continuidade de Manu Busto, polo menos ata o 30 de xuño, o defensa central Dani Hedrera segue agardando unha resposta do Pontevedra sobre a rescisión do contrato que solicitou.
Aínda que fontes do clube descartan que o andaluz houbese solicitado a súa baixa, éste aclarou onte, ó remate do adestramento vespertino, que llo dixo ó técnico, Alberto Argibay, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
29 - 12 - 2005
[29/12/2005]/Xa xogou cinco encontros. Só cinco. No fútbol español esa non é unha boa nova. Lle impide ó profesional poder tomar parte na mesma competición con outro conxunto nun mesmo curso. É dicir, Rubén Reyes, o caso do que se fala, xa non podería xogar noutro conxunto da Segunda División que non sexa o Albacete, o seu actual conxunto, porque disputou o tope máximo de encontros. Ou [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/12/2005]/O Pontevedra adestra este xoves. Os xogadores traballarán sobre o céspede do Príncipe Felipe (16:30 horas), e seguirán ca posta a punto do seu tono físico, para chegar en boas condicións ó encontro do vindeiro 8 de xaneiro contra o Celta "B". Coa chegada de Bonnis, Baptiste e Yuri, o único xogador do primeiro plantel que falta por chegar é Pablo Mannara. O arxentino ten pe [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:44  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/12/2005]/A época de nadal tamén se sinte no Salón de Plenos da Corporación provincial. Onte, durante a derradeira sesión plenaria da institución deste ano, aprobáronse medidas que ó longo do 2005 causaron malestar en varios dos deputados da cámara, como a sinatura do convenio de colaboración para o novo campo de fútbol de Pasarón, as contas provinciais ou a ‘eterna’ polémica sobre [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:13  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/12/2005]/O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mentres se daba o visto bo á sinatura do convenio na corporación provincial, sinalou que se está a traballar para lograr que a sinatura a tres bandas se poida producir mañá venres, xusto a tempo para despedir o ano 2005. Para hoxe era imposible reunir ós representantes das tres institucións "por motivos de axenda". O Co [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/12/2005]/O santanderino Manu Busto confirmou que permanecerá no Pontevedra ata o final desta tempada. O mediapunta cántabro quiso despexar os rumores co situaban fóra do conxunto granate anunciando a súa continuidade no clube. Despois dun comezo no que non dispoñía de minutos e alternaba a bancada co banco das suplencias, o santanderino aproveitou a oportunidade que lle brindou Arg [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:09  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
28 - 12 - 2005
[28/12/2005]/Ariel Montenegro, na súa volta ós adestramentos, foi abordado sobre a súa posible marcha do Pontevedra. «Futbolísticamente non hai problema porque tento rendir ó máximo no campo. É un tema máis familiar que outra cosa. Creo que todo o mundo o comprende, pero cada un defende a súa parte. O clube mira polo seu, que é o contrato ata o 30 de xuño, e a miña obrigación é plantex [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/12/2005]/O pleno do Concello de Barro aprobou onte por maioría a nomenclatura da Fundación Nino Mirón Pontevedra Clube de Fútbol. A organización levará tal nome en honra ó presidente da entidade pontevedresa, que convertiuse no verdadeiro pai do proxecto e polo que traballou cos seus colaboradores do clube pontevedrés nos derradeiros anos. O alcalde de Barro, Xosé Antonio Landín, s [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/12/2005]/Os xogadores do Pontevedra adestran este mércores en dobre sesión. Alberto Argibay xa traballou esta mañá con tódolos xogadores do plantel, unha vez que os franceses Baptiste e Bonnis (que non puideron chegar a Pontevedra por culpa da climatoloxía), e Yuri, Mannara e Kelvin (con permiso do clube), non asisitiron ó entreno de onte martes. Tamén estivo presente Joao de Basto [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:51  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
27 - 12 - 2005
[27/12/2005]/O Pontevedra xogará un encontro amistoso contra o Alondras, conxunto da terceira división. Será o vindeiro venres 30 de decembro ás 19 horas, no Municipal de Pasarón.
Alberto Argibay poderá comprobar o estado actual dos seus xogadores, incluído o de Fran González, que debutará de forma non oficial co seu novo clube.
Nun principio, o Pontevedra tiña previsto xog [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/12/2005]/Os xogadores do primeiro plantel do Pontevedra voltaron este serán ó traballo. A máis dunha semana para o reinicio da competición, o cadro granate xa traballa cas miras postas no encontro que vai a xogar contra o Celta "B" no Municipal de Pasarón. Alberto Argibay xa poderá contar para este encontro coas novas fichaxes, o dianteiro Igor de Souza e o lateral esquerdo Fran Go [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/12/2005]/Rafa Sáez e os seus xogadores voltaron hoxe ó traballo, despois de disfrutar de varios días de vacacións. Na sesión estiveron presentes tódolos xogadores do filial celtiña agás o gardamallas Sergio, que nestes intres é a única baixa que ten o Celta "B" para o encontro contra o Pontevedra; a súa baixa será cuberta por Marcos Bermúdez, ex gardamallas do Portonovo que foi cov [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:17  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/12/2005]/Despois de oito días de descanso tralo derradeiro encontro de liga disputado contra o San Isidro, o primeiro plantel do Pontevedra volta ó traballo este serán. Os membros do colectivo, ás ordes de Alberto Argibay, deberán presentarse nas Instalacións do Príncipe Felipe ás catro da tarde para levar a cabo a primeira sesión do segundo ciclo do curso. O obxectivo é recuperar [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/12/2005]/A continuidade de Montenegro no Pontevedra está no aire. O xogador, un dos destacados nas primeiras dezasete xornadas do campionato, pretende deixar a entidade para emprender unha nova aventura na Arxentina. Ariel recoñece estar a gusto na cidade e no equipo, pero o feito de non poder contar coa súa familia en Galicia é un hándicap que foi cobrando forza a medida que trans [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:52  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/12/2005]/Ante a máis que posible baixa de Montenegro, o Pontevedra xa está a buscarlle un sustituto ó arxentino. Dende a prensa de Castellón asegúrase co clube granate estaría interesado no xogador do cadro albinegro, o malagueño Ordoñez. A intención do Castellón é a de ceder ó xogador a un clube da 2ªB ata o remate da tempada, e xa lle comunicou ó futbolista que non conta cos seus [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:51  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
26 - 12 - 2005
[26/12/2005]/O lateral esquerdo do Pontevedra, Alfonso Palma Carmona, "Sito", ven de asinar un contrato co Alxeciras Clube de Fútbol, conxunto que actúa no grupo cuarto da 2ªB.
Sito, que cumpría a súa terceira tempada como integrante do Pontevedra, marcha do cadro granate despois de non poder debutar en competición oficial, ó non ocupar unha das 22 fichas do primeiro plantel. Deb [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:53  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/12/2005]/As goleadas coseitadas polo Pontevedra ante o Castillo en Pasarón (5-0) e fronte ó San Isidro en Tenerife dispararon entre a afección as ilusións de lograr o retorno a Segunda. É moi cedo para falar de ascenso, pero o certo é que o equipo comeza a dar síntomas de estar capacitado para conseguilo. Se botamos man da estadística pódese comprobar que as expectativas non son es [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/12/2005]/Analista do fútbol dende tódolos prismas do xogo, seguidor dos mercados internacionais do balompé, aficionado ó vídeo e ó informe, Alberto Argibay construíu durante o pasado verán un equipo formado con gran presenza de futbolistas foráneos. Os seus 40 anos e tras un pasado no que levou ó Ourense a unha fase de ascenso e ó Braga a unha final da Copa de Portugal, o adestrado [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
24 - 12 - 2005
[24/12/2005]/Mentres os xogadores disfrutan das vacacións de nadal ca familia, os teléfonos dos seus representantes botan fume e non paran de soar. Son moitos os xogadores que queren trocar de aires neste mercado de inverno, e no Pontevedra non ía ser menos.
Hai varios futbolistas que non están a gusto no clube granate a causa das poucas oportunidades que tiveron nos primeiros me [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 18:13  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/12/2005]/O campo municipal de Pasarón recupérase das operacións ás que foi sometido o céspede para estar en condicións de cara o regreso dos futbolistas do Pontevedra ó traballo. Os coidadores do campo aproveitaron a derradeira semana de competición antes das festas para realizar a operación de picado e recebado do chan.
O derradeiro enfrontamento do ano para o conxunto grana [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 18:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/12/2005]/A derradeira sesión plenaria do ano en Pontevedra serviu tamén para aprobar o convenio de colaboración do Concello ca Deputación Provincial e a Consellería de Cultura e Deportes, para a construcción do Novo Pasarón e o complexo lúdico-deportivo de A Parda. Tódolos grupos municipais votaron a favor do convenio i expresaron a súa satisfacción por que se poidan acometer ámbal [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/12/2005]/O máximo responsable do clube asegura co mal comezo de liga do equipo non lle quitou o sono. Sabía que iría cara enriba. Agarda co 2006 devolva ó cadro granate a Segunda.

O 2005 que está a piques de rematar foi un ano duro para Nino Mirón. O presidente do Pontevedra viu como o seu ansiado proxecto de consolidar ó clube na Segunda División víñase abaixo en ape [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
23 - 12 - 2005
[23/12/2005]/O convenio de Pasarón, que garantiza a inversión de 8,5 millóns de euros para a reforma do estadio, xa ten o visto bo das tres partes impricadas (Xunta, Deputación e Concello), para poder asinalo antes de fin de ano. O consello da Xunta foi onte o que aprobou este documento e hoxe o fará o pleno do concello. A institución provincial, pola súa parte, cumprirá ese trámite a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/12/2005]/Fernández Lores anunciou onte que na vindeira semana asinaráse o convenio para a construcción do novo estadio de Pasarón e a zoa deportiva de A Parda. O alcalde indicou que, por parte do concello, os trámites «están listos dende fai tempo». Neste sentido, indicou que dos 3.750.000 euros que ten que aportar a administración local, xa ten consignados os 900.000 relativos ás [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:57  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
22 - 12 - 2005
[22/12/2005]/Mentres o primeiro plantel de xogadores está disfrutando dunha semana de vacacións, o corpo técnico e a directiva do Pontevedra traballa sen cesar para buscar saída a algúns xogadores e reforzar ó equipo en caso de que se producíse algunha baixa.
Nestes intres, os xogadores que contan con máis posibilidades de abandoar o clube son Paco Bazán, Dani Hedrera ou Alex Día [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
21 - 12 - 2005
[21/12/2005]/Nino Mirón confirmou que Paco Bazán dirixíuse a él para plantexárlle a súa actual situación. O gardamallas peruano non está a disfrutar de minutos e podería trocar de equipo no mercado de inverno. Dende o clube xa lle anunciaron a Paco Bazán ca súa saída do Pontevedra depende da chegada doutro gardamallas que ocupe a súa ficha; a intención do clube é que ese porteiro ocupe [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/12/2005]/Alex Díaz ten moitas posibilidades de xogar cedido noutro conxunto da categoría ata o remate de tempada. O xogador ferrolán apenas tivo oportunidades, acumulando un total de 91 minutos repartidos en tres encontros: 14 minutos contra o Lanzarote, 32 minutos contra o Alcalá e 45 minutos contra o Alcorcón.
Nas derradeiras xornadas, nin sequera apareceu nas convocatorias [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:51  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
20 - 12 - 2005
[20/12/2005]/Alberto Argibay confirmou co Pontevedra non ten previsto realizar máis fichaxes no mercado de inverno. A única posibilidade de que chegue un novo xogador ó conxunto granate é que algún dos xogadores que teñen ficha no primeiro plantel marche do Pontevedra. O lateral esquerdo Sito, que non conta con ficha, está en negociacións cun clube da Segunda División B, polo que o mái [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:10  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
19 - 12 - 2005
[18/12/2005]/-Estes son os resultados acadados polos equipos base do Pontevedra:

[2-0]---Pontevedra "B" -San Adrián.....(Primeira Rexional)
[2-0]---Valladolid-Pontevedra......(Div. Honra xuvenil)
[4-0]---Pontevedra-Rápido de Bouzas......(Div. Honra Cadete)
[4-2]---Pontevedra-Ponteareas........(Liga Galega Infantil)
[0-2] [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
18 - 12 - 2005
San Isidro -1- Pontevedra -4-

[18/12/2005]/O Pontevedra confirmouse esta mañá como un serio candidato ó ascenso. Hoxe doblegou ó San Isidro na súa casa por un contundente 1-4; o cadro granate puido conquerir unha goleada máis ampla se os seus xogadores estivesen máis acertados de cara a porta rival.
O primeiro tempo foi de do [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/12/2005]/-Estes foron os resultados da xornada 17:

Celta B 3-0 Melilla
Ourense 1-0 Negreira
Atlético B 2-0 Lanzarote
Leganes 0-2 Universidad
Alcorcon 1-2 Vecinda [...]

Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:14  | Actualidade
 | Enviar
[18/12/2005]/O Pontevedra rematou o ano 2005 cunha goleada fóra da casa. Esta mañá doblegou ó San Isidro por un contundente 1-4, e poderían ser máis se os xogadores granates estivesen máis acertados de cara aporta rival. Os canarios adiantáronse no marcador cun gol de Noah ós quince minutos de xogo. Antes do descanso, Cabrera conseguiría o empate (minuto 29). Os tres últimos goles che [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
17 - 12 - 2005
A despedir o ano cunha victoria

[17/12/2005]/O Pontevedra pecha o ano 2005 a domicilio contra o San Isidro. Os granates agardan rematar este ano no segundo posto, que é o que ocupa nestes intres. Os pontevedreses conseguiron sete puntos nos derradeiros tres encontros que lle serviron para auparse ó segundo lugar, e de conquerir os [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:48  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/12/2005]/O adestrador do Raqui San Isidro, Julio Durán, deberá recompoñer a súa liña defensiva para recibir ó Pontevedra. Finalmente, Jacob tampouco poderá xogar contra o conxunto granate e únese á baixa de Sanfiel. Ámbolos dous xogadores actuan de defensas centrais, polo que Carlos Arias é o único xogador específico que xoga nesa situación e que está apto para xogar. Julio Durán d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/12/2005]/Alberto Argibay introduciu varias novidades na lista de convocados para o encontro contra o San Isidro. Sen dúbida, a máis destacable é a ausencia do peruano Paco Bazán, e a inclusión de Fran Rico e Iván Parada.
Os 16 xogadores que viaxan ata San Isidro son os gardamallas Bonnis e Iván Parada; os zagueiros Luciano, Mauro, Fede Bahón, Hedrera, Azparren e Tinaia; os ce [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 12:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/12/2005]/O Pontevedra e o Raqui San Isidro realizarán este sábado o seu último adestramento, previo ó encontro que ámbolos dous conxuntos disputarán o domingo nas Canarias.
Alberto Argibay e os seus homes traballan no Príncipe Felipe ás 10 da mañá; ó remate do ensaio, o técnico granate, que perde por sanción a Charles e Organista, fará pública a lista de convocados. A expedic [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/12/2005]/Acaba de saír dunha operación que lle vai ter parado moito tempo, pero Vázquez xa conta os días que faltan para pisar un terreo de xogo e pensa nese ansiado momento. O zagueiro asturiano do Pontevedra márcase como meta xogar os encontros dos play-off de ascenso á Segunda División. De ser así, vería cumpridos dous desexos: a súa pronta recuperación e co seu clube loite polo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
16 - 12 - 2005
[16/12/2005]/-Almanaque dos equipos base do Pontevedra:

---Pontevedra "B"-San Adrián ......[primeira rexional]
A Xunqueira. Domingo 18 de Decembro ás 16:15 h.
---Valladolid-Pontevedra......[div.honra xuvenil]
Cidade Deportiva. Domingo 18 de Decembro ás 11:30 h.
---Pontevedra-Rápido de Bouzas......[div.honra cadete]
A Xunqu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/12/2005]/O vindeiro rival do Pontevedra, o San Isidro, cumpre a súa primeira tempada na categoría de bronce. O Raqui San Isidro realizou ata 12 fichaxes no mercado invernal para presentar un plantel de garantías e que pelexe por manter a categoría.
Este ano, a directiva do clube canario lle deu a confianza a Julio Durán, adestrador que xa estivera ó mando do banco do San Isid [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:56  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/12/2005]/O Pontevedra levará a cabo este venres a penúltima sesión de adestramento da semana ás 10 horas na Cidade Infantil do Príncipe Felipe. Alberto Argibay seguirá facendo probas para saber quen é o indicado para cubrir a baixa do brasileño Charles. No adestramento do xoves, Manu Busto levaba posto o peto dos titulares, polo que parte con máis posibilidades ca Baptiste, que tam [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
15 - 12 - 2005
[15/12/2005]/O Pontevedra continúa preparando o vindeiro encontro de liga. Alberto Argibay deberá facer modificacións no once titular, debido á baixa de Charles. No adestramento de hoxe, o técnico granate probou con Manu Busto na parte dereita do ataque granate, polo que semella que podería ser o que salga beneficiado da sanción ó brasileño. A outra opción sería a de colocar nesa posic [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:17  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/12/2005]/O Raqui San Isidro adestrou esta mañá no Estadio de "La Palmera", ca mente posta no encontro do domingo contra o Pontevedra. Na sesión de traballo, as miras estaban postas no actual estado de dous xogadores que non se atopan ó 100%.
Os zagueiros Sanfiel e Jacob adestraron á marxe do grupo, por culpa das diferentes molestias que lle impediron xogar o pasado domingo co [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:16  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/12/2005]/Alberto Argibay decidiu realizar o adestramento deste xoves no campo sintético da Xunqueira co obxectivo de que tódolos xogadores se acomoden ós movementos e estranos que fai o esférico nesta superficie. O campo que ten que visitar o Pontevedra este domingo é deste tipo, polo que Argibay decidiu aproveitar co sintético da Xunqueira está recén estreado para cos xogadores se [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/12/2005]/O Raqui San Isidro segue a preparar o encontro que vai disputar este domingo contra o Pontevedra. Os homes de Julio Durán, adestrador do conxunto canario, adestran este xoves no mesmo esceario do partido, no sintético de "La Palmera", ás 11 da mañá, hora galega.
O San Isidro, que debuta este ano na Segunda División B, buscará unha victoria ante o Pontevedra que lle p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
14 - 12 - 2005
[14/12/2005]/Fran González xa é xogador do Pontevedra a tódolos efectos. O canteirán do barcelona estampou a súa sinatura no contrato i esta mañá foi presentado no Municipal de Pasarón.
O xogador compareceu en roda de prensa ante os medios de comunicación, e definiuse coma un xogador contundente e que non lle gusta perder nin ás canicas; afirma que o máis importante para él é xog [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:16  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/12/2005]/O asturiano Vázquez foi intervido cirurxicamente esta mañá polo doutor Cota. O xogador granate saíu da operación sen problema algún e atópase en bo estado.
O doutor Cota, xefe dos servizos médicos do clube e encargado de levar a cabo a operación do zagueiro asturiano, confirmou ca operación desenrolouse coma era de esperar.
Dende o clube anunciaron co xogador [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/12/2005]/Alberto Argibay e o resto do corpo técnico progamaron para hoxe mércores unha dobre sesión de traballo. O plantel de xogadores xa completou o primeiro dos dous ensaios previstos para hoxe; o técnico granate pedíulle os seus xogadores un último esforzo para afrontar o encontro do domingo contra o San Isidro, e marchar de vacacións cun pequeno colchón de puntos sobre os conx [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:17  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/12/2005]/A directiva do Pontevedra está a levar a cabo ó longo desta semana a sinatura de convenios de colaboración con empresas que patrocinan ó clube granate.
Onte, directiva, corpo técnico e xogadores desprazaáronse ata Lourizán, onde tivo lugar a firma do convenio con Ence. O Pontevedra recibirá 400.000 euros na presente campaña desta empresa, que encargaráse ademáis de p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/12/2005]/Non pasaron nin 24 horas dende que Nino Mirón dixera que se algún xogador quería saír do clube, debería comunicalo ó longo desta semana, e xa hai un xogador que lle tomou a palabra. Trátase de Alex Díaz; o novo dianteiro reuníuse con Alberto Argibay para confirmarlle que non está moi ledo ca súa situación actual e que gustaríalle buscar unha oportunidade e máis minutos nou [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/12/2005]/O primeiro plantel do Raqui San Isidro volta este mércores ó traballo, cunha sesión programada para ás 11 horas no Estadio de "La Palmera", campo no que xogará este domingo contra o Pontevedra o encontro correspondente á 17ª xornada de liga.
Será o primeiro adestramento do conxunto canario no que vai de semana, xa que no luns, os xogadores desprazados ata Melilla emp [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:29  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
13 - 12 - 2005
[13/12/2005]/O zagueiro do Pontevedra será operado mañá no Hospital Domínguez polo xefe dos servizos médicos do conxunto granate, o doutor Cota, da rotura do ligamento cruzado que sufriu no seu xeonllo dereito o pasado 4 de decembro contra a Unión Deportiva As Palmas.
Debido á presenza de sangue na zoa danada, o asturiano tivo que agardar unha semana para ser intervido cirúrxicam [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/12/2005]/A derradeira adquisición do Pontevedra, o lateral esquerdo Fran, chegou hoxe martes á Cidade do Lérez, despois de aterrar no aeroporto de Peinador preto das sete do serán. O catalán será presentado mañá ó mediodía ante os medios de comunicación coma novo xogador granate e deste xeito, coñecerá ós seus novos compañeiros e comezará a adestrar con eles. Fran, que chega cedido [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:07  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/12/2005]/Como xa é habitual no Raqui San Isidro, o primeiro plantel disfruta hoxe martes do día de descanso. Os xogadores do conxunto granadilleiro voltarán ó traballo mañá mércores.
O adestrador Julio Durán estará pendente ó longo da semana do estado físico de dous dos seus centrais, Sanfiel e Jacob, que non puideron xogar na derradeira xornada contra o Melilla. Sanfiel é o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/12/2005]/Aínda ca resaca da goleada ó Castillo por 5-0, o plantel do Pontevedra volta este martes ós adestramentos para comezar a traballar de cara ó encontro que ten que disputar na vindeira xornada contra o Raqui San Isidro. O do domingo será o derradeiro encontro do ano 2005, xa que os dous partidos da primeira volta que restan por xogar, ante o Celta "B" na casa i en Melilla, d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:16  | Actualidade
Opinións (0)  |