[30/01/2006]/O gardamallas titular do filial da Real Sociedade, Mikel Saizar, será presentado nas vindeiras horas como novo xogador do Pontevedra despois de que no día de onte o clube granate ultimase as negociacións en Madrid co canteirán dosnostiarra.
Mikel Saizar Soroa (Ibarra, Guipúzcoa, 18-01-1983), xogou no Tolosa, Real Unión de Irún e na Real Sociedad B. Habitual coma titular, a súa saída cara o Pontevedra motivou que onte fose suplente no encontro co cadro 'txuri urdin' gañou por 1-0 ante a Cultural Durango.
Saizar, como se lle coñece deportivamente, solicitou a baixa do clube donostiarra ó non ter ningunha opción de dar o salto ó primeiro equipo. Gardamallas coma Riesgo e Alberto, ademáis de Zubicarai -que está cedido no Eibar- lle impiden competir pola titularidade, polo que a Real Sociedade non poñe ningún impedimento a súa fichaxe polo Pontevedra.
A menos de 48 horas para o peche do prazo de fichaxes no mercado de inverno, o clube granate trata tamén de facerse cos servizos dun centrocampista para sustituir a Ariel Montenegro. Todo apunta a que a súa nacionalidade será arxentina, a mesma que tíña o xogador que se foi ó Numancia.
-FONTE: A Voz de Galicia