[30/01/2006]/Cando semellaba que Mikel Saizar, gardamallas da Real Sociedade B, tíña os dous pés no Pontevedra, a situación deu un pequeno xiro nas derradeiras horas e nestes intres, o xogador está a estudar a súa actual situación. Saizar confirmou ante os medios de comunciación que xa tiña as maletas preparadas para viaxar este martes ata a cidade do Lérez para asinar ata Xuño do 2008 polo Pontevedra e ser presentado como novo xogador granate. Nembargantes, a Real Sociedade púxose en contacto co futbolista para confirmarlle que tentaría facerlle un oco no primeiro equipo.
O cancerbeiro expoñía ante os dirixentes do seu clube que quería trocar de equipo ante as poucas oportunidades que tiña de dar o salto ó primeiro plantel "txuri urdin". O feito de que Arconada, adestrador de Saizar no filial, sexa o sustituto de Amorrorotu á fronte do banco donostiarra, fai que o gardamallas albergue esperenzas con respecto o seu futuro.
Semella que o xogador consultará coa almofada a súa decisión e mañá confirmaráse se asina polo Pontevedra ou segue pertencendo á disciplina da Real Sociedade.