[31/01/2006]/Guillaume Dumast será unha das fichaxes de inverno do Pontevedra que terá ficha no filial. O zagueiro francés, que xoga tanto de central como de lateral dereito, pediu uns días para reflexionar sobre a oferta que lle presentou o Pontevedra.
Dumast, que foi internacional nas categorías inferiores co seu país -chegou á sub-19-, demostrou boas maneiras nos adestramentos que realizou ás órdes de Alberto Argibay i éste deu o visto bo a súa fichaxe.
Ten 20 anos de idade (naceu o 10-04-1985), mide 1,85 metros e pesa 82 kilos. Procedente do Montpellier, chegou a semana pasada a Pontevedra para realizar unha proba no equipo de Pasarón. Mañá terá que dar unha contestación á oferta da directiva granate.
-FONTE: A Voz de Galicia