31 - 01 - 2006
[31/01/2006]/-Estes son os resultados acadados pola base granate:


[3-2]---Pontevedra "B"-Sanxenxo.....(Primeira Rexional)
Susp.---Oviedo-Pontevedra......(Div. Honra xuvenil)
[4-1]---Pontevedra-Orillamar......(Div. Honra Cadete)
[1-2]---Sárdoma-Pontevedra........(Liga Galega Infantil)
[0-0]---Vilagarcía-Pontevedra......(Fútbol 11 Alevín)
[6-5]---Pontevedra-Céltiga......(Fútbol 7 Alevín)
[4-5]---Pontevedra"C"-Pontevedra"B"......(Liga Benxamín)
Susp.---Cidade de Santiago-Pontevedra........(Liga Feminina)

Fin de semana marcado polo temporal que mesmo obrigou a dous conxuntos da base granate a suspender os seus respectivos encontros de liga. O Xuvenil e o Pontevedra Feminino non puideron xogar os seus partidos en Oviedo e Santiago.
Os demáis equipos puideron disputar os seus compromisos.
O Pontevedra B deu caza ó líder, o Xuvenil de Ponteareas, despois da súa victoria ante o Sanxenxo por 3-2.
O Cadete ascende á séptima posición despois de golear ó Orillamar por 4-1. Os granates teñen 27 puntos, os mesmos co seu vindeiro rival, o Cidade de Santiago.
O Infantil venceu a domicilio ó Sárdoma (1-2) e sitúase con 27 puntos, no noveno lugar, a un só punto do Sárdoma, oitavo clasificado.
Na categoría Alevín, o equipo de Fútbol 11 acadou unha igualada fóra da casa ante o Vilagarcía; con este punto, os granates quedan situados na oitava posición con 21 puntos. O equipo de Fútbol 7 venceu por 6-5 ó Céltiga e continua á cabeza da táboa con 40 puntos.
Na categoría Benxamín, o Pontevedra "A" tivo xornada descanso. O Pontevedra "C" e o Pontevedra "B" enfrontáronse entre sí; o resultado final foi de 4-5.
Nova engadida por Desconocido @ 14:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións