31 - 01 - 2006
[31/01/2006]/Cando hai 24 horas semellaba que a fichaxe de Mikel Saizar polo Pontevedra estaba totalmente pechada, a situación deu un xiro de 180 grados e o xogador decidiu finalmente que non abandoará a disciplina da Real Sociedade. Nino Mirón amosouse moi decepcionado coa actitude do futbolista: "O xogador deu a súa palabra de que tiña a decisión tomada, pero coa destitución do adestrador do primeiro equipo, a situación deu un xiro importante". "Xa tiña as maletas feitas para viaxar hoxe martes ata aquí e xa falara con Ormazábal para que ámbolos dous compartiran un piso en Pontevedra".
O presidente granate tamén culpa ós dirixentes do clube donostiarra."Eu tiña outra imaxe de Jose Mari Bakero. Él prometeume que ían deixar saír ó xogador, pero onte, cando o rapaz foi a buscar o finiquito, atopou a negativa do clube. Logo dixéronlle que Arkonada (o seu adestrador no filial) ía ser o técnico do primeiro equipo e que él sería o terceiro gardamallas". Polo que, con todo esto, Mikel Saizar non será o sustituto de Paco Bazán.

A partir de agora, e debido a que o prazo de fichaxes remata hoxe ás doce da noite, o Pontevedra tentará buscar un sustituto para o meta peruano. O clube granate tentará retomar as negociacións co gardamallas do Badaxoz, Rubén. De non fructificar ditas negociacións, o Pontevedra seguirá na búsqueda doutro arqueiro, xa que, a pesar de que finaliza o prazo, o cadro granate pode asinar a outra futbolista que cubra a baixa de Vázquez, lesionado de gravidade no mes de Decembro.
O presidente Nino Mirón atópase nestes intres en Madrid, tentando atopar algún reforzo para o plantel granate.
Nova engadida por JBA @ 15:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións