31 - 01 - 2006
[31/01/2006]/Cando hai 24 horas semellaba que a fichaxe de Mikel Saizar polo Pontevedra estaba totalmente pechada, a situación deu un xiro de 180 grados e o xogador decidiu finalmente que non abandoará a disciplina da Real Sociedade. Nino Mirón amosouse moi decepcionado coa actitude do futbolista: "O xogador deu a súa palabra de que tiña a decisión tomada, pero coa destitución do adest [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[31/01/2006]/O centrocampista do Pontevedra Clube de Fútbol, Cabrera Cava, será baixa para o encontro da vindeira fin de semana que o cadro granate disputará contra o Móstoles. O futbolista madrileño acumulou o quinto cartón amarelo do seu segundo ciclo sancionador no derradeiro enfrontamento que disputou o pasado domingo contra o Fuenlabrada. Cabrera sumou de tal xeito a súa décima ca [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[31/01/2006]/-Estes son os resultados acadados pola base granate:


[3-2]---Pontevedra "B"-Sanxenxo.....(Primeira Rexional)
Susp.---Oviedo-Pontevedra......(Div. Honra xuvenil)
[4-1]---Pontevedra-Orillamar......(Div. Honra Cadete)
[1-2]---Sárdoma-Pontevedra........(Liga Galega Infantil)
[0-0]---Vilagarcía-Ponteved [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[31/01/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol vai poñer en marcha a segunda fase da campaña de captación de abonos reducindo nun 40% o prezo dos abonos.
Dende a directiva granate confíase en que o clube supere a barreira dos 5000 socios (actualmente son 4481 socios), unha cifra máis que aceptable para un conxunto que milita na Segunda Divisón B, superior incluso ó número de socios d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[31/01/2006]/Guillaume Dumast será unha das fichaxes de inverno do Pontevedra que terá ficha no filial. O zagueiro francés, que xoga tanto de central como de lateral dereito, pediu uns días para reflexionar sobre a oferta que lle presentou o Pontevedra.
Dumast, que foi internacional nas categorías inferiores co seu país -chegou á sub-19-, demostrou boas maneiras nos adestramentos [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
30 - 01 - 2006
[30/01/2006]/Cando semellaba que Mikel Saizar, gardamallas da Real Sociedade B, tíña os dous pés no Pontevedra, a situación deu un pequeno xiro nas derradeiras horas e nestes intres, o xogador está a estudar a súa actual situación. Saizar confirmou ante os medios de comunciación que xa tiña as maletas preparadas para viaxar este martes ata a cidade do Lérez para asinar ata Xuño do 2008 [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/01/2006]/O gardamallas titular do filial da Real Sociedade, Mikel Saizar, será presentado nas vindeiras horas como novo xogador do Pontevedra despois de que no día de onte o clube granate ultimase as negociacións en Madrid co canteirán dosnostiarra.
Mikel Saizar Soroa (Ibarra, Guipúzcoa, 18-01-1983), xogou no Tolosa, Real Unión de Irún e na Real Sociedad B. Habitual coma titu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
29 - 01 - 2006
[29/01/2006]/-Estes son os resultados e a clasificación da xornada 21 do Grupo 1 da 2ªB:

[2-1] Alcala-Leganés
Susp. S.S Reyes-Playas
[0-1] Mostoles-Melilla
[1-2] Fuenlabrada-Pontevedra
[0-0] Lanzarote-San Isidro
[0-0] Universidad-Castillo
[0-4] Negreira-Atl Madrid B
[2-0] [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Fuenlabrada -1- Pontevedra -2-

[29/01/2006]/O Pontevedra acadou unha sufrida victoria ante o Fuenlabrada. O tempraneiro gol materializado por Igor fixo co cadro granate se relaxase en exceso. O Fuenlabrada apenas levou perigo sobre a meta defendida por Bonnis, salvo nos intres finais, cando estivo a piques de igualar o marcador en [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:39  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
28 - 01 - 2006
Á caza do líder

[28/01/2006]/O Pontevedra ten esta fin de semana a primeira das tres probas de fogo que terá que afrontar de forma consecutiva a domicilio (Fuenlabrada, Raio Vallecano e Universidade). O rival dos granates nesta xornada é o Fuenlabrada, cuarto clasificado con catro puntos menos co Pontevedra, con 8 victorias e 5 emp [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/01/2006]/Alberto Argibay fixo pública a lista dos xogadores que están convocados para o encontro ante o Fuenlabrada. O adestrador pontevedrés viuse na obriga de descartar ó xogador francés Baptiste, que non foi quen de superar as doenzas que ten nas costas e que o convirten en baixa para este encontro. Polo tanto, Baptiste únese ás baixas de Tiago Belmonte e Vázquez. Tamén queda en [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/01/2006]/O xogador brasileño Alex Empereur, nado o 28 de abril do 1989, procedente do Cruceiro C.F. brasileño estará unha semana a proba co primeiro plantel.
O futbolista xa adestrou esta mesma mañana no Municipal de Pasarón co primeiro equipo.
Alex Empereur xoga como defensa central e foi campión co Atlético Mineiro en tódalas categorías ata a data.

Ofe [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:29  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
27 - 01 - 2006
[27/01/2006]/Compromisos da canteira granate:

---Pontevedra"B"-Sanxenxo ......[primeira rexional]
A Xunqueira. Domingo 29 de Xaneiro ás 16:15 h.
---Oviedo-Pontevedra......[div.honra xuvenil]
Campo do Requesón. Domingo 29 de Xaneiro ás 12 h.
---Pontevedra-Orillamar......[div.honra cadete]
A Xunqueira. Sábado 28 de Xane [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/01/2006]/O Pontevedra adestrou esta mañá no Príncipe Felipe. Argibay ten a todo o plantel a súa disposición agás ós xogadores mancados, Tiago Belmonte e Vázquez. O técnico granate agardará ata mañá para facer pública a lista de convocados para o encontro ante o Fuenlabrada. Unha lista na que podería estar a derradeira fichaxe, Asier Ormazábal. O xogador bilbaíno xa debutou de xeito [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:45  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/01/2006]/O Pontevedra enfrontaráse este domingo ó equipo revelación. O Fuenlabrada é cuarto clasificado con catro puntos menos co conxunto granate. O cadro madrileño presenta uns números excepcionais, con 13 encontros sen perder. Trala derrota no campo do Universidade por 3 goles a 1 (o 9 de Outubro), o Fuenlabrada coseitou 9 victorias e cinco empates, cun balance de 17 goles anota [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
26 - 01 - 2006
[26/01/2006]/O zagueiro francés Guillaume Dumast, que estivo a proba durante unha semana co Pontevedra, ten moitas posibilidades de asinar polo cadro granate. Alberto Argibay confirmou que o informe que lle pasará ós servizos técnicos de clube sobre o xogador galo é favorable e que decidirán nas vindeiras horas se finalmente, Dumast asina polo Pontevedra. O adestrador pontevedrés quedo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/01/2006]/O Pontevedra caíu derrotado por 1-2 ante o Desportivo Chaves, conxunto da Liga de Honra Portuguesa. O cadro granate adiantouse no marcador ós tres minutos do encontro cun gol de Yuri de Souza, pero o Chaves remontaría antes do descanso grazas ós dous tantos anotados por Roma. Os numerosos afeccionados que se deron cita no Municipal de Pasarón puideron ver en acción a Asier [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/01/2006]/Asier Ormazábal foi presentado hoxe ás 16 horas no Estadio Municipal de Pasarón como novo xogador do Pontevedra Clube de Fútbol. O xogador compareceu ante os medios de comunicación acompañado por Elías Espiñeira e Alberto Argibay.
O xogador resaltou na roda de prensa a súa satisfacción por chegar a un clube como o Pontevedra i eloxiou o encontro dos seus compañeiros [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 18:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/01/2006]/Os xogadores do Pontevedra Clube de Fútbol seguen a preparar o encontro que van a disputar o domingo contra o Fuenlabrada. No día de hoxe, o cadro granate xogará un amigable contra o Chaves. O encontro disputaráse en Pasarón a partir das 18 horas.
Os afeccionados que decidan achegarse ata o campo de O Burgo poderán ver en acción ós xogadores que apenas disputaron enc [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:47  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/01/2006]/A falta de que se peche o prazo, mañá venres ás 21 horas, o presidente da Federación de Peñas, Cesar Vilariño, confirmou que está a piques de completarse o primeiro autobus de afeccionados que viaxarán a Fuenlabrada esta fin de semana, e amosouse confiado en que a xente se anime e poida completar un segundo autobus.
Vilariño afirmou que o feito de que o encontro sexa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/01/2006]/Ninguén daba un euro por él na pretempada. Con equipos da talla da UD As Palmas, Raio Vallecano, Pontevedra, Atlético de Madrid B e Universidade, o Fuenlabrada presentábase coma mero acompañante no grupo primeiro da Segunda B. Pero o cadro madrileño conseguiu facerse forte cun plantel con veteranos e novos xogadores i está a prantarlle oposición ó Raio Vallecano na loita p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/01/2006]/Os xogadores e o corpo técnico do Pontevedra partirán en autobus cara a Comunidade de Madrid o sábado ás 11:30 horas, dende o Estadio Municipal de Pasarón, tendo prevista a súa chegada ás 20 horas ó Hotel NH de Alcorcón, onde pasarán a noite.
O domingo disputaráse o encontro contra o Fuenlabrada. Será ás 12 horas no Estadio de La Aldehuela. A expedición granate empre [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
25 - 01 - 2006
[25/01/2006]/O lateral dereito Asier Ormazábal será presentado mañá no Municipal de Pasarón, antes da disputa do encontro entre o Pontevedra e o Chaves, como novo xogador granate. Despois de que o xogador e o clube bilbaíno alcanzaran un acordo polo que o Athletic de Bilbao resérvase unha opción de compra sobre o futbolista, Asier Ormazábal emprendeu a viaxe con destino á cidade do Lér [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/01/2006]/Os xogadores do Pontevedra completaron a dobre sesión prevista para hoxe. O portugués Sergio Organista xa se reincorporou ó grupo i exercitouse sen problemas, polo que poderá xogar en Fuenlabrada se Argibay o cre necesario. Organista tamén foi o protagonista no adestramento despois da forte entrada que lle fixo a Cabrera; o mediocentro de Coslada recriminoulle ó portugués [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
24 - 01 - 2006
[24/01/2006]/Os xogadores do Pontevedra voltan esta tarde ós adestramentos para preparar o encontro da vindeira xornada, na que o cadro granate, segundo clasificado con 40 puntos, mediráse ó Fuenlabrada, cuarto clasificado con 36 puntos. O cadro madrileño gañou a domicilio ó Melilla a pasada semana (1-2), leva xa 13 xornadas sen coñecer a derrota e segue invicto no seu campo.
Na [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/01/2006]/O Pontevedra enfrontaráse ó Chaves este xoves, ás seis da tarde no Municipal de Pasarón, para preparar o encontro contra o Fuenlabrada, que se disputará o domingo ás 12 da mañá, no estadio madrileño de La Aldehuela contra o Fuenlabrada.
A entrada para o amigable contra o conxunto portugués será gratuita. Únicamente abriráse a bancada de Tribuna.
Non será o derr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:48  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/01/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol segue agardando a que o Athletic de Bilbao e Ormazábal, futbolista do cadro vasco que ten un acordo co conxunto granate para engrosar as súas filas ata Xuño do 2007, fixen as cantidades dunha posible opción de recompra por parte do clube bilbaíno.
O acordo entre as tres partes é total e só queda ese pequeno fleco para que o xogador poida [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:40  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
23 - 01 - 2006
[23/01/2006]/Telemadrid anunciou na súa páxina web que a súa segunda canle, La Otra (dial 91), retransmitirá en directo o encontro que van a disputar o Fuenlabrada e o Pontevedra, o vindeiro domingo 29 de Xaneiro ás 12 da mañá, no Estadio de La Aldehuela, correspondente á 21ª xornada do Campionato Nacional de Liga do Grupo 1 da Segunda División "B". [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:31  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/01/2006]/A Federación de Peñas do Pontevedra organiza unha viaxe a Fuenlabrada para que tódolos afeccionados co desexen, apoien ó cadro granate o vindeiro domingo, ás 12 horas, no encontro correspondente á vixésimo primeira xornada de liga ante o Fuenlabrada.
O autobús sairá dende o Pabellón Municipal dos Deportes de Pontevedra á 1 da noite do domingo e regresará tralo encont [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:52  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/01/2006]/-Estes son os resultados acadados pola base granate:


[2-2]---Atl.Matamá-Pontevedra "B".....(Primeira Rexional)
[0-2]---Pontevedra-Sporting......(Div. Honra xuvenil)
[4-3]---Colexio Hogar-Pontevedra......(Div. Honra Cadete)
[7-0]---Pontevedra-Alondras........(Liga Galega Infantil)
[4-3]---Pontevedra [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
22 - 01 - 2006
[22/01/2006]/-Estes son os resultados e a clasificación da xornada 20 do Grupo 1 da 2ªB:

[2-2] Celta B-Móstoles
[2-0] Pontevedra-Ourense
[3-0] Leganés-Negreira
[3-1] Alcorcón-Alcalá
[0-1] Castillo-Lanzarote
[2-2] San Isidro-Raio Vallecano
[2-0] P.Jandía-Vecindario
[1-2] [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/01/2006]/Rematou o caso Manu Busto. Tralo acordo entre o Pontevedra e o Xaén, o mediapunta cántabro xa non pertence á disciplina granate e o seu novo clube será o Xaén de Aurelio Gay. Malia que Manu Busto confirmara antes do nadal que a súa intención era cumplir o seu contrato co Pontevedra, o interese amosado polo conxunto xienense fixo que o futbolista trocara de opinión.
O [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:07  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
21 - 01 - 2006
Pontevedra 2 Ourense 0

[21/01/2006]/Pasarón acollía o seu segundo derbi consecutivo coa visita do Clube Deportivo Ourense. E ó igual que hai 15 días como contra o Celta "B", o protagonista do encontro sería Igor de Souza. O dianteiro brasileño anotou dos tantos que serviron para que o Pontevedra acadara unha nova victoria.
Os [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:36  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/01/2006]/O presidente do Pontevedra, Nino Mirón, confirmou que a fichaxe de Asier Ormazábal, lateral dereito do Athletic de Bilbao "B", polo cadro granate está prácticamente pechado. O xogador logrou a carta de liberdade do conxunto vasco e asinará polo Pontevedra ata xuño do 2007, con opción á prórroga do contrato por un ano máis.
O máis seguro é que o xogador chegue esta se [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
20 - 01 - 2006
O Pontevedra non debe confiarse

[20/01/2006]/Comeza a segunda volta e o Pontevedra recibe en Pasarón a un Clube Deportivo Ourense que non está a pasar polo seu mellor momento, pero que chega con novos inquilinos no banco e con varios ex xogadores granates dispostos a amargarlle a festa ó Pontevedra.
Alberto Argibay xa avisou [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:38  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/01/2006]/Alberto Argibay facilitou a lista de convocados para o encontro de mañá ante o Clube Deportivo Ourense. Finalmente, o adestrador granate decidiu convocar ós xogadores que eran dúbida por mor das molestias que arrastraban, como son os casos de Igor, Yuri e Mannara.
A pesar de estar na lista de convocados, semella que só Yuri ten segura a súa presenza no once, mentres [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/01/2006]/Compromisos da canteira granate:

---Atl.Matamá-Pontevedra"B" ......[primeira rexional]
Campo Municipal de Matamá. Domingo 22 de Xaneiro ás 16 h.
---Pontevedra-Sp.Xixón......[div.honra xuvenil]
A Xunqueira. Domingo 22 de Xaneiro ás 12 h.
---Colexio Hogar-Pontevedra......[div.honra cadete]
Campo do Colexio [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 18:53  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/01/2006]/Tiago Belmonte está a vivir un dos seus peores momentos dende que chegou ó Pontevedra. O dianteiro brasileño padece unhas molestias no pube que lle impediron adestrar con normalidade nas últimas datas. A súa faciana manifesta casi permanentemente dor e son esas molestias as que lle fan estar á marxe do primeiro plantel en practicamente tódalas sesións. Despois de varias pr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/01/2006]/O departamento de prensa do Pontevedra confirmou que o defensa francés Guillaume Dumast incorporaráse este serán ós adestramentos do primeiro plantel do Pontevedra Clube de Fútbol e permanecerá a proba co cadro granate ata a vindeira semana.
Dumast naceu o 10 de Abril de 1985 (polo que ocuparía unha praza de Sub-23), mide 1,86 metros e pesa 82 Kilos.
Con anteri [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:12  | Actualidade
Opinións (7)  | Enviar
[20/01/2006]/A menos de 48 horas para que de comezo o encontro deste sábado, os adestradores do Pontevedra e do Ourense aproveitaran os adestramentos deste venres para dar as derradeiras instruccións os seus xogadores.
Alberto Argibay citou para as cinco do serán ós seus xogadores, quenes levarán a cabo unha sesión de adestramento a porta pechada no Municipal de Pasarón. O técnic [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:13  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
19 - 01 - 2006
[19/01/2006]/Acompañado por Alberto Argibay e Nino Mirón, Fran Rico compareceu ás 17:30 horas na sede social de Benito Corbal, onde tivo lugar a súa presentación como xogador da primeira plantilla do Pontevedra C.F. a tódolos efectos. O canteirán, que xa asinara fai unhas semanas un contrato profesional co clube, deixará de alternar co xuvenil e buscará ter máis oportunidades na catego [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 18:14  | Actualidade
Opinións (4)  | Enviar
[19/01/2006]/O primeiro plantel do Pontevedra Clube de Fútbol completou hoxe outra sesión de adestramento. Os xogadores granates exercitáronse esta mañá no Príncipe Felipe para seguir preparando o encontro contra o Ourense.
Para dito encontro, Alberto Argibay xa sabe que non poderá contar co mediocentro portugués Organista nin co dianteiro brasileño Tiago Belmonte; ámbolos dous x [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/01/2006]/Nino Mirón, presidente da entidade granate, referiuse ás posibilidades que ten Manu Busto de marchar ó Xaén.
Cre que a pelota está no tellado do conxunto andaluz. «Dáme a impresión de que viñeron coa intención de leválo gratis. Quedaron de pasarnos unha oferta en firme e xa non tivemos máis novas», manifesta.
«O acordo o vexo fácil se chegan co diñero. É unha c [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:14  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/01/2006]/Ramón Abad e Antonio Dacosta estreáronse onte con victoria no seu primeiro encontro á fronte do banco de Clube Deportivo Ourense. O cadro vermello derrotou por un contundente 4-0 ó filial do Racing de Santander, grazas ós goles de Sanromán, Sueiro, Padin (ó transformar unha pena máxima) e David Soares.
A aliñación utilizada no encontro de onte polo "tándem" Abad-Daco [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
18 - 01 - 2006
[18/01/2006]/O lateral dereito do Athletic de Bilbao "B", Asier Ormazábal (nado o 21 de Outubro do 1982 en Bilbao), está a negociar a rescisión do seu contrato co conxunto vasco para asinar co Pontevedra Clube de Fútbol. O acordo entre o futbolista e o cadro granate é total, e de chegar a un acordo, Asier Ormazábal xogaría no Pontevedra ata o remate desta tempada e outro ano máis. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/01/2006]/O mediapunta brasileño do Pontevedra, Yuri de Souza, poderá xogar o vindeiro sábado contra o Clube Deportivo Ourense despois de que o Comité de Competición lle retirara o cartón amarelo que o xogador granate viu en Melilla, e que comportaba sanción por acumulación de tarxetas.
As alegacións enviadas polo gabinete xurídico granate surtiron efectos e Alberto Argibay po [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:53  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/01/2006]/O Pontevedra segue a preparar o encontro do vindeiro sábado contra o Ourense. Para hoxe, o cadro granate tiña programado unha dobre sesión de adestramentos. Na sesión desta mañá puidemos comprobar que o portugués Organista, que hoxe comezou a adestrar pero se exercita á marxe do grupo, non poderá xogar o derbi por culpa da escordadura de nocello que lle obrigou a abandoar [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/01/2006]/O vindeiro rival do Pontevedra, o Clube Deportivo Ourense, disputará hoxe o encontro de ida correspondente ós oitavos de final da Copa Federación. O cadro de As Burgas recibirá no campo de Oira ó filial do Racing de Santander.
Será a estrea no banco do tándem Ramón Abad-Antonio Dacosta á fronte do banco do Ourense. Os encargados de dirixir ó cadro vermello utilizarán [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/01/2006]/Nino Mirón quere que o caso Manu Busto quede resolto en 48 horas. Ese é o prazo que lle da ós dirixentes do Real Xaén que se atopan en Pontevedra para que presente unha oferta en firme polo xogador. O presidente granate explica que "non deixaremos marchar libre ó xogador, xa que se ficha por outro clube, nos teremos que fichar a outro xogador que cubra o seu oco e tamén te [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/01/2006]/Unha vez pechado o capítulo de baixas e á espera de que se solucione a situación de Manu Busto, a directiva e o corpo técnico do Pontevedra xa traballan na fichaxe de varios futbolistas para suplir as baixas de Paco Bazán, Dani Hedrera e Montenegro.
O cadro granate anda na búsqueda dun gardamallas, dun lateral dereito que poida xogar de central e dun mediocentro orga [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:54  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
17 - 01 - 2006
[17/01/2006]/A directiva do Pontevedra xa fixou os prezos das entradas para o derbi do sábado. As persoas maiores de idade deberán pagar 30 euros para ver o encontro dende a Tribuna, 25 euros para facelo dende a Preferencia e 20 euros dende o Fondo Norte. Pola súa parte, os menores de 18 anos deberán desembolsar 15 euros para acceder á Tribuna, 12 euros para Preferencia e 10 euros para [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:52  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/01/2006]/O departamento de prensa do Pontevedra confirmou nun comunicado oficial que o gabinete xurídico do clube presentará as pertinentes alegacións polo cartón amarelo que o colexiado estremeño Gómez Navarrete lle amosou a Yuri no encontro co Pontevedra disputou en Melilla o pasado domingo, basándose nunha proba videográfica na que o xogador non interven na xogada, xa que atópas [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/01/2006]/O presidente de Clube Deportivo Ourense, Quino Muñoz, confirmou que Milo Abelleira foi destituído como adestrador do cadro de As Burgas. O ex técnico do cadro vermello non foi quen de reconducir a situación do cadro ourensán e, debido ós resultados adversos coseitados nas derradeiras xornadas, foi cesado do seu posto. Agora, tanto Milo como a directiva deberán chegar a un [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
16 - 01 - 2006
[16/01/2006]/O defensa central Dani Hedrra e o gardamallas Paco Bazán viviron hoxe o seu derradeiro día coma xogadores granates.
Hedrera chegou a un acordo co clube para rescindir o seu contrato e asinará nas vindeiras horas polo Zamora, equipo do grupo 2º da Segunda División B.
Pola súa parte, Paco Bazán xogará cedido os vindeiros seis meses no cadro peruano do Alianza Atl [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:07  | Actualidade
Opinións (1)  | Enviar
[16/01/2006]/Os xogadores que se desprazaron esta fin de semana ata Melilla adestraron esta mañá na cidade norteafricana. Nunha sesión levada a cabo no estadio de "La Espiguera", Argibay deciciu facer un pequeno adestramento aproveitando ca expedición granate durmiu na cidade melillense. Unha sesión que non puido realizar o mediocentro Organista, que onte tivo que ser remplazado por Ma [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/01/2006]/-Estes son os resultados acadados pola base granate:


[1-0]---Pontevedra "B"-Marín.....(Primeira Rexional)
[2-1]---Adarve-Pontevedra......(Div. Honra xuvenil)
[0-3]---Pontevedra-Celta......(Div. Honra Cadete)
[3-1]---A Juvenil-Pontevedra........(Liga Galega Infantil)
[1-2]---Pontevedra-Arousa... [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
15 - 01 - 2006
Melilla -0- Pontevedra -1-

[15/01/2006]/Tras un primeiro tempo no que o dominio foi alterno e unha segunda metade na que o Pontevedra saíu convencido a pola victoria, o cadro granate doblegou ó Melilla.
Argibay non puido botar man de Igor, xa que o brasileño mancouse no calentamento. Ademáis, veríase obrigado a facer o primeiro troco ós 10 minutos do en [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/01/2006]/-Estes son os resultados da xornada 19 do Grupo 1 da 2ªB:

Celta B 0-1 Fuenlabrada
Atlético B 0-1 Vecindario
Leganés 1-1 S.S. Reis
Alcorcón 0-2 Negreira
San Isidro [...]

Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:48  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/01/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol logrou unha importante victoria a domicilio ante o Melilla. O cadro granate venceu por 0-1 grazas a un gol de Yuri, despois de que, no minuto 60, o brasileño aproveitara un erro do zagueiro local Bravo. Tras este triunfo, o Pontevedra segue no segundo posto e aumenta a sete os puntos de vantaxe sobre o quinto clasificado. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
14 - 01 - 2006
O cadro granate tentará pechar a primeira volta cunha nova victoria

[14/01/2006]/
O Pontevedra pecha esta fin de semana a primeria volta da tempada cun dificil e importante encontro ante un rival directo, o Melilla, ó que aventaxa en catro puntos. O cadro norteafricano só cedeu unha derrota na casa, o que amosa ben ás claras que na [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:07  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
13 - 01 - 2006
[13/01/2006]/Alberto Argibay compareceu en roda de prensa para facilitar a lista de convocados para o vindeiro encontro de liga ante o Melilla. O técnico granate levaráse consigo a 17 futbolistas: os gardamallas Bonnis e Iván Parada; os zagueiros Mauro, Fede, Azparren, Fran González e Dani Hedrera; os centrocampistas Mannara, Organista, Cabrera, Nasser, Rubén Reyes, Charles e Yuri, e o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/01/2006]/O Pontevedra terá que facer frente esta fin de semana á viaxe máis incómoda de toda a tempada. Os xogadores están citados, mañá ás 10:25 horas, no Municipal de Pasarón para coller un autobús que os leve ata o aeroporto de Peinador; a expedición granate ten prevista a súa chegada a Melilla ás 16:15 horas do Sábado. O Domingo, día do encontro, farán noite na cidade norteafri [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar