[28/02/2006]/Pacuco Rosales, adestrador da Unión Deportiva Vecindario, trasladou a súa impresión de que o conxunto branquinegro, que o pasado domingo goleou ó Melilla (3-0) e xa é cuarto, "aínda non alcanzou o seu teito".
"O difícil é manterse nesta posición, aínda que ninguén nos regalou nada para chegar ata aquí, e o reto está en seguir como estamos. Coa ilusión que está poñendo a plantilla podo agardar máis resultados positivos de aquí ata o final da tempada, pero dende a base da modestia e a humildade", explicou.
Rosales admite que as sensacións que desperta o Vecindario son "tremendamente boas", pois une "efectividade, fútbol, compromiso e traballo", aínda que insistiu en "ter os pes no chan para afrontar o que queda de calendario coa máxima concentración".
"Agora agárdanos o Pontevedra e sabemos que en Pasarón daráse un encontro intenso e bastante disputado, no que agardamos dar a talla e, por qué non, traer os tres puntos. A festa por vencer ó Melilla xa pasou. Agora só pensamos no xeito de impoñernos a un adversario bastante perigoso", añadiu.
O experimentado técnico isleño admite que sentir "tanta ilusión nos seguidores e directivos" anima a seguir traballando "con tódalas gañas do mundo".
-FONTE:
www.canariasahora.com