[28/02/2006]/Despois de deixar escapar unha boa oportunidade para dar o salto ó liderato, os integrantes do primeiro plantel do Pontevedra queren esquecer a derrota ante o Universidade e pensar xa no vindeiro rival, o Vecindario. O cadro granate volta este martes ós adestramentos para comezar a preparar o encontro contra o cadro canario, cuarto clasificado e con catro puntos menos co Pontevedra. Alberto Argibay poderá comprobar a evolución de Guillaume Dumast, que non puido xogar este domingo por culpa dos problemas musculares que ten no xemelgo da súa perna esquerda, e de Rubén Reyes, que rematou o encontro con problemas no xeonllo. Todo indica a que ámbolos dous futbolistas poderán xogar este domingo.