[28/02/2006]/Como xa fixera no encontro contra o Castillo, disputado en decembro do ano pasado, a directiva do Pontevedra contrarrestou a decisión federativa de ter que xogar contra o Vecindario o domingo ás once e media da mañá en Pasarón cunha importante rebaixa no prezo das entradas.
Desta xeito, o clube granate pretende que os afeccionados se animen a apoiar ó equipo nun encontro no que o cadro granate quere acadar os tres puntos para aumentar a vantaxe sobre o cuarto e o quinto clasificado.
O prezo das entradas na taquilla serán de 12 euros para os adultos e 5 euros para os rapaces (menores de 18 anos) na grada de Tribuna; 10 e 3 euros na Preferencia e de 5 euros para adultos e 1 euro para os rapaces na grada de Gol Norte.
Estes prezos supoñen unha rebaixa por enriba do 50% dos fixados habitualmente para os encontros en Pasarón.