28 - 02 - 2006
[28/02/2006]/A fortaleza coa que o Vecindario irrumpiu na fase de ascenso sorprendeu a un grupo que parecía resignado a que o Raio Vallecano remataría superando a Fuenlabrada e Melilla para completar o cuarteto de aspirantes a xogar a vindeira tempada na Segunda División.
Nembargantes, o Vecindario, que na decimoquinta xornada ocupaba unha discreta décima posición, convertiuse o pasado domingo en candidato directo á loitar por unha das catro primeiras prazas. Foi tal a súa remontada que apeou ó Fuenlabrada dos postos de privilexio e colocouse a só un punto da UD As Palmas, terceiro clasificado.
A reacción do equipo de Pacuco Rosales provoca que tamén o Pontevedra perdera a tranquilidade que lle estaba aportando a súa segunda praza. Desaproveitada a oportunidade de desbancar ó Universidade do liderato no estadio Alfonso Silva, os granates terán que convertir o seu encontro do vindeiro domingo co Vecindario nunha final en toda regla xa que unha derrota ante os insulares poderíalles deixar a un punto do quinto clasificado.
I é que o Vecindario foi, xunto co Ourense de Manolo Tomé, o equipo que máis victorias sumou na segunda volta do campionato. Catro victorias -ante o Melilla (3-0), Celta "B" (0-3), San Isidro (2-1) e UD AS Palmas (1-0)-, un empate -co Castillo (1-1)- e unha derrota -co P.Jandía (2-0)-, lle converten nun rival temible.
Ninguén o agardaba despois de que o seu tránsito polas prazas de descenso fose permanente nas oito primeiras xornadas. Pero Pacuco Rosales volveu a demostrar que ten man de santo con este equipo. Foi debutar na novena xornada e comezar a escalar posicións dun xeito meteórico ata revolucionar o grupo. O contundente 3-0 que lle endosou ó Melilla estimulou os seus xogadores, dispostos a reivindicar en Pasarón a súa candidatura ó ascenso.
Solventado este compromiso co conxunto melillense, o domingo terá unha segunda proba de fogo co Pontevedra e a continuación co Fuenlabrada. As contas que se fixeron no clube é que se suman seis puntos dos nove en xogo con Melilla, Pontevedra e Fuenlabrada, haberá que telos en conta. Xa teñen tres no peto.
O Pontevedra é o terceiro equipo con mellor traxectoria na segunda volta da Liga, por detrás da UD As Palmas, que sumou un punto máis nas seis xornadas que se levan disputadas neste periplo competicional. Un só punto co Universidade habería suposto un golpe de efecto impresionante para os intereses granates, que agora terán ante sí a esixencia de baxarlle os fumes ó Vecindario para evitar que se aprete aínda máis a zoa alta.
Curiosamente, o Universidade arreglou a súa traxectoria nesta segunda fase co seu triunfo ante o Pontevedra. Aínda co seu triunfo, é o penúltimo clasificado entre os candidatos máis firmes, se ben o gran que xa metera no seu granero antes do ecuador da competición permítelle afrontar o derradeiro tercio de competición coa tranquilidade de ter os deberes feitos. Ten ó Pontevedra, segundo clasificado, a sete puntos -co golaveraxe- e ó quinto clasificado a dez.


-FONTE: A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 13:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións