28 - 02 - 2006
[28/02/2006]/Unha vez rematada a tempada nos dous grupos dos que se compoñe a Liga Autonómica Feminina, o Pontevedra afronta o momento decisivo, o play off de ascenso á Liga Nacional, para o que se clasificou como segundo do sector sur. Os restantes equipos que disputarán a fase de ascenso son o Boiro (primeiro do Grupo Sur), o Erizana (primeiro do Norte e rival do Pontevedra na primeira eliminatoria) e o Onza de Lira (segundo clasificado do Sector Norte). O play off constará de dúas eliminatorias. Na primeira crúzanse o primeiro dun grupo co segundo doutro grupo a dobre encontro, e no segundo enfróntanse en campo neutral os vencedores da ronda anterior, acadando o vencedor o ascenso á Liga Nacional.
O Pontevedra debutará o vindeiro domingo 5 de marzo (a partir das 16:30 horas) recibindo no seu campo ó Erizana. Unha semana despois, á mesma hora, as granates viaxarán a terreo contrario. A final, que determinará o equipo que acade o ascenso, disputaráse o domingo 19 de marzo (unha semana despois dos encontros de volta da primeira ronda) en hora e campo por designar.


-FONTE: Diario de Pontevedra
Nova engadida por JBA @ 20:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións