[28/02/2006]/Nasser é dos máis optimistas. Otorga un papel determinante ó factor tempo para confiar nas posibilidades do Pontevedra na loita por alcanzar ó Universidade. "Aínda queda moito camiño por percorrer para chegar ó final. Coa plantilla que temos podemos facer as cousas o suficientemente ben como para rematar de primeiros. Senón, como mínimo, ímolo intentar", asegura o galo, reposto moralmente despois da derrota do domingo.
O centrocampista cre que o cadro insular é competitivo, pero non cre que fixera méritos para derrotar ó Pontevedra. "Hai bos xogadores, traballan ben defensivamnte. Pero nós merecimos un mellor resultado. A plantilla fixo un bo encontro e puidemos gañar", concretou. Nasser, pensa que o domingo pasado, o cadro granate centrouse demasiado no rival e iso dispersou a súa atención. "Temos que concetrarnos no noso xogo. Non ver só a plantilla do rival".
-FONTE: Diario de Pontevedra