28 - 02 - 2006
[28/02/2006]/Luciano non perde a esperanza de finalizar o campionato co Pontevedra na primeira praza, aínda que tampouco se obsesiona por que o obxectivo esté máis compricado. "Sabemos que está moito máis difícil. Pero seguiremos pelexando polo primeiro posto. E senón, tentaremos quedar de segundos". O porriñés non viu gran cousa no rival do domingo, pero valora o seu gran funcionamiento colectivo. "Xogadores que marquen as diferencias non teñen, pero son un equipo compacto no que todos defenden e atacan. Coñecen as súas limitacións i explotan as súas virtudes".
¿Quén é mellor, Pontevedra ou Universidade? "Se fose por resultados, diría que o Universidade, pero por xogo e futbolistas, penso que o Pontevedra é superior". A diferencia de Fran González, Luciano non ten interés algún en verse na fase contra un rival como o Universidade. "Eu firmo xogar o play off contra o Alfaro. En ningún momento quero cruzarme contra os que están arriba".


-FONTE: Diario de Pontevedra
Nova engadida por JBA @ 20:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións