28 - 02 - 2006
[28/02/2006]/Sanse e P.Jandía reanudaron este martes o encontro correspondente á 21ª xornada, suspendido o pasado 29 de xaneiro no minuto 3 de xogo polo mal estado do céspede do Novo Matapiñoneras. O cadro madrileño derrotou ó conxunto de Fuerteventura grazas a un solitario gol acadado por Gregory que, a falta de catro minutos para que rematáse o encontro, aproveitaba unha das poucas ocasións de gol do partido para dárlle os tres puntos o seu equipo.
Con este resultado, o Sanse, que dentro de dúas semanas recibe ó Pontevedra na casa, segue na décima posición, igualado a 34 punto coa Unión Deportiva Lanzarote, mentres que o P.Jandía, a pesar da derrota, manteñe a duodécima posición da táboa clasificatoria con 29 puntos, os mesmos que o Clube Deportivo Ourense e o Castillo. O cadro canario aínda deberá xogar outro encontro aprazado, xa que o derradeiro partido de liga que debía disputar contra o Leganés tamén foi suspendido polo mal estado do céspede de Butarque.
Nova engadida por Desconocido @ 21:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións