28 - 02 - 2006
[28/02/2006]/Os xogadores do Pontevedra voltaron este martes ó traballo. Os integrantes do primeiro plantel granate adestraron pola tarde no Príncipe Felipe para comezar a preparar o encontro do domingo ante o Vecindario. Foron cinco os xogadores que non traballaron co resto do grupo: Fran González, Dumast, Igor, Yuri e Rubén Reyes. Todos eles traballaron a un menor ritmo xa que arrastran molestias musculares e o obxectivo do corpo técnico é recuperalos para o vindeiro domingo. Dumast está a recuperarse dunha contractura no xemelgo, Igor segue cun plan de traballo específico, mentres que Fran, Rubén Reyes e Yuri remataron o encontro do pasado domingo con molestias e levaron a cabo unha sesión de recuperación. Polo de agora, confiase en que Alberto Argibay poida contar con todos eles para o partido contra o Vecindario.
O cadro granate adestra mañá mércores en dobre sesión no Príncipe Felipe.
Nova engadida por JBA @ 21:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións