28 - 02 - 2006
[28/02/2006]/Os xogadores do Pontevedra voltaron este martes ó traballo. Os integrantes do primeiro plantel granate adestraron pola tarde no Príncipe Felipe para comezar a preparar o encontro do domingo ante o Vecindario. Foron cinco os xogadores que non traballaron co resto do grupo: Fran González, Dumast, Igor, Yuri e Rubén Reyes. Todos eles traballaron a un menor ritmo xa que arrast [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/02/2006]/Sanse e P.Jandía reanudaron este martes o encontro correspondente á 21ª xornada, suspendido o pasado 29 de xaneiro no minuto 3 de xogo polo mal estado do céspede do Novo Matapiñoneras. O cadro madrileño derrotou ó conxunto de Fuerteventura grazas a un solitario gol acadado por Gregory que, a falta de catro minutos para que rematáse o encontro, aproveitaba unha das poucas o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/02/2006]/Luciano non perde a esperanza de finalizar o campionato co Pontevedra na primeira praza, aínda que tampouco se obsesiona por que o obxectivo esté máis compricado. "Sabemos que está moito máis difícil. Pero seguiremos pelexando polo primeiro posto. E senón, tentaremos quedar de segundos". O porriñés non viu gran cousa no rival do domingo, pero valora o seu gran funcionamien [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/02/2006]/Nasser é dos máis optimistas. Otorga un papel determinante ó factor tempo para confiar nas posibilidades do Pontevedra na loita por alcanzar ó Universidade. "Aínda queda moito camiño por percorrer para chegar ó final. Coa plantilla que temos podemos facer as cousas o suficientemente ben como para rematar de primeiros. Senón, como mínimo, ímolo intentar", asegura o galo, re [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/02/2006]/Unha vez rematada a tempada nos dous grupos dos que se compoñe a Liga Autonómica Feminina, o Pontevedra afronta o momento decisivo, o play off de ascenso á Liga Nacional, para o que se clasificou como segundo do sector sur. Os restantes equipos que disputarán a fase de ascenso son o Boiro (primeiro do Grupo Sur), o Erizana (primeiro do Norte e rival do Pontevedra na primei [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/02/2006]/O tropezo do Pontevedra en Canarias non rematou coas ambicións do conxunto granate. Unha importante representación dos futbolistas do equipo consideran posible a consecución da primera praza do seu grupo de Segunda División "B". Os seis puntos e o golaveraxe que manexa como marxe favorable o Universidade nesa pelexa pola cabeza non son considerados como infranqueables. Os [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/02/2006]/A fortaleza coa que o Vecindario irrumpiu na fase de ascenso sorprendeu a un grupo que parecía resignado a que o Raio Vallecano remataría superando a Fuenlabrada e Melilla para completar o cuarteto de aspirantes a xogar a vindeira tempada na Segunda División.
Nembargantes, o Vecindario, que na decimoquinta xornada ocupaba unha discreta décima posición, convertiuse o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/02/2006]/Como xa fixera no encontro contra o Castillo, disputado en decembro do ano pasado, a directiva do Pontevedra contrarrestou a decisión federativa de ter que xogar contra o Vecindario o domingo ás once e media da mañá en Pasarón cunha importante rebaixa no prezo das entradas.
Desta xeito, o clube granate pretende que os afeccionados se animen a apoiar ó equipo nun enco [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:31  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/02/2006]/Despois de deixar escapar unha boa oportunidade para dar o salto ó liderato, os integrantes do primeiro plantel do Pontevedra queren esquecer a derrota ante o Universidade e pensar xa no vindeiro rival, o Vecindario. O cadro granate volta este martes ós adestramentos para comezar a preparar o encontro contra o cadro canario, cuarto clasificado e con catro puntos menos co P [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:51  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/02/2006]/Pacuco Rosales, adestrador da Unión Deportiva Vecindario, trasladou a súa impresión de que o conxunto branquinegro, que o pasado domingo goleou ó Melilla (3-0) e xa é cuarto, "aínda non alcanzou o seu teito".
"O difícil é manterse nesta posición, aínda que ninguén nos regalou nada para chegar ata aquí, e o reto está en seguir como estamos. Coa ilusión que está poñend [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:40  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
27 - 02 - 2006
[27/02/2006]/Alberto Argibay, consciente de que a derrota deixou ó Pontevedra a sete puntos da primeira praza, destacou que «o importante é asegurar unha posición de play off». O técnico granate fixo hincapié en que «en canto ó comportamento dos equipos non houbo un que se amosáse superior ó outro».
«As opcións do equipo seguen intactas», manifestou tras incidir en que o Ponteved [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:29  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/02/2006]/Charles sufriu especialmente a derrota do Pontevedra ante o Universidade. O xogador estaba abatido ó remate do encontro. Aínda que non o recoñeceu expresamente, notábaselle doído pola suplencia no Alfonso Silva. Tíña un dobre motivo para sentirse disgustado. «Estou triste pola derrota e creo que os meus compañeiros tamén», explica o brasileño.
O xogador aceptou con p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:14  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/02/2006]/-Estes son os resultados acadados pola base granate:


[5-0]----Pontevedra "B"-Beluso.....(Primeira Rexional)
[9-0]----Pontevedra-Furia........(Liga Feminina)
[1-0]----Montañeros-Pontevedra......(Div. Honra xuvenil)
[1-1]----Pontevedra-Areosa......(Div. Honra Cadete)
[3-1]----Calasancio-Pontevedra [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
26 - 02 - 2006
UNIVERSIDADE -1- PONTEVEDRA -1-

[26/02/2006]/O Pontevedra non demostrou ser esta tarde un dos favoritos ó ascenso. Alberto Argibay trocou o sistema de xogo e optou por deixar a Charles no banco e botar man de Organista, pero a xogada saíulle mal.
Na primeria metade, non houbo dominador claro e as mellores ocasións foron para [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 23:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/02/2006]/-Estes son os resultados e a clasificación da xornada 25 do Grupo 1 da 2ªB:

[2-0] SS. Reis - Celta "B"
Susp. Leganés - P. Jandía
[1-0] Alcalá - Castillo
[0-1] Negreira - San Isidro
[1-0] Raio Vallecano - Móstoles
[3-0] Vecindario - Melilla
[3-0] Lanzarote - Fuenlabrada
[...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:10  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/02/2006]/O Pontevedra ven de perder o seu encontro no campo do líder, o Universidade. O cadro granate apenas creou perigo sobre a meta defendida por Moisés e non foi quen de igualar o tanto acadado por Sergio no minuto 66 que, tras un barullo no área ó saque dunha falta botada por Angel Luis, facía o único gol do encontro. Con esta derrota, o Pontevedra queda a seis puntos do líder [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:57  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
25 - 02 - 2006
O liderato está en xogo

[25/02/2006]/Chegou a xornada decisiva. Un encontro que pode ser o punto de inflexión para o Pontevedra. O conxunto granate quere seguir coa boa xeira de resultados que acadou nos campos dos equipos situados na parte alta da clasificaión. Empatou a domicilio contra a UD As Palmas e o Raio Vallecano, e gañou [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/02/2006]/O Pontevedra adestrou esta mañá a porta pechada no Municipal de Pasarón. Á finalización do adestramento, Alberto Argibay facilitou a lista de convocados. O adestrador granate decidiu convocar a 17 xogadores xa que hai varios futvolistas, como son os casos de Igor, Mannara ou Baptiste, que tiveron problemas físicos ó longo da semana. Os xogadores convocados son os gardamall [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/02/2006]/O proxecto definitivo para a remodelación do campo de fútbol municipal de Pasarón está pendente únicamente do denominado 'visado' do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Así o sinalou onte Rafael Louzán, presidente da Deputación, institución encargada de contratar a obra. A Administración provincial invertirá 4,5 millóns de euros na actuación, mentres que o Con [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/02/2006]/Baptiste comeza a atoparse cómodo no Pontevedra. A boa segunda metade que realizou o pasado domingo fronte ó Lanzarote víuse reforzada nos adestramentos desta semana. De feito, no partidiño do xoves anotou dous tantos, que de momento é a súa gran asinatura pendente. As molestias de Igor, que continúa sendo dúbida, pódenlle abrir a porta da titularidade ante o Universidade. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:39  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/02/2006]/O que non xogará seguro é Dumast, o último en incorporarse á disciplina granate. O defensa francés estaba prácticamente descartado dende o pasado mércores ó detectárselle un esguince no ligamento interno no seu xeonllo dereito nunha ecografía. En principio, se lle recomendaron corenta e oito horas de repouso para ver a súa evolución. Onte, como é lóxico, non adestrou e o s [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/02/2006]/Unha semana máis o estado físico de Igor de Souza é unha das principais preocupacións do corpo técnico. O xogador realizou unha ecografía este mércores que serviu para tranquilizar a Alberto Argibay porque non ten ningunha doenza de importancia. O artilleiro brasileño, que totaliza oito goles na liga en apenas mes e medio, sufre unha contractura na zoa proximal do xemelgo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:08  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
24 - 02 - 2006
[24/02/2006]/Fran González está xa recuperado. O futbolista barcelonés, que o mércores non se exercitou co grupo, volveu onte ó traballo colectivo coa vista posta no enfrontamento que o Pontevedra terá o vindeiro domingo contra o Universidade. "A fin de semana xogaría ata coxo", asegura, facendo evidentes as súas motivacións. "Será un encontro bonito, aberto, con moitos espacios. E ser [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/02/2006]/Baptiste cre que non é para tanto o do liderato. O que conta é gañar, demostrar fortaleza. O que chegue despois, será benvido. "É máis importante xogar ben e gañar este encontro que o feito de ser líderes". O dianteiro galo está atravesando por un dos seus mellores momentos da tempada. "Estou a reatopar o meu nivel físico. Cando estou ben fisicamente, podo estar a tope téc [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:38  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/02/2006]/O Pontevedra xa ten o seu terceiro gardamallas. Vladimir convertiuse na mellor fichaxe do mercado de inverno para o cadro que adestra Alberto Argibay. O meta de orixe ruso obterá o pasaporte comunitario en breve e poderá participar co conxunto da Segunda "B" nos seus encontros oficiais. O vindeiro mes de marzo cumpre cinco anos como residente en España. Será esa a condició [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/02/2006]/Compromisos da canteira granate:

---Pontevedra"B"-Beluso ......[primeira rexional]
A Xunqueira. Domingo 26 de Febreiro ás 16:15 h.
---Pontevedra-Furia ......[Liga Feminina]
Campo de Monte Balado.. Domingo 26 de Febreiro ás 11 h.
---Montañeros-Pontevedra......[div.honra xuvenil]
Campo de Elviña. Domingo 26 [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/02/2006]/O pulso do domingo nas Palmas entre os dous máis firmes candidatos á fase de ascenso o convirte «nun termómetro» para medir a reacción do equipo granate nun encontro clave como pode ser un da fase de ascenso. «Se o equipo responde ben, como fixo ata o de agora, está claro que imos polo bo camiño», precisa Alberto Argibay. En calquera caso, o plus de motivación que supoñe x [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:17  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/02/2006]/O Universidade prepara con intensidade o encontro do domingo ante o Pontevedra no que estará en xogo o liderato que ostentou dende o mes de setembro. O conxunto canario, salvo contratempos nas dúas últimas sesións, utilizará o seu once de gala, con Moisés Trujillo na porta, Aitor na dereita, Ismael na esquerda e David Medina e José Ojeda no centro da defensa. A única dúbid [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:08  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/02/2006]/Quedan dous días para o partido polo liderato. O Pontevedra prepárase a fondo para o encontro contra o Universidade. O domingo, ás 21 horas na Península, ás 20 horas nas Canarias, será de dominio público se o equipo isleño segue mandando no grupo primeiro da segunda B ou se, polo contrario, deixouse no camiño as condicións de primeiro clasificado e invicto no seu terreo de [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:12  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/02/2006]/Reto maiúsculo. Proba con fogo real. O Universidade afrontará este domingo un choque de alta voltaxe: recibe, a partir das 19:00 horas, no estadio Alfonso Silva ó Pontevedra: o seu inmediato perseguidor na clasificación. Un equipo que dende fai meses acumula xornadas de asedio sobre o conxunto colexial e a súa condición de líder.
Esta fin de semana, tras semanas de [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/02/2006]/Alberto Argibay poderá con tódolos xogadores do primeiro plantel, coas excepcións de Tiago e Vázquez, que están a recuperarse das súas respectivas lesións de longa duración, e de Dumast, que segue sen poder adestrar con normalidade por mor dunha forte escordadura no seu nocello esquerdo. Semella que a do zagueiro francés será a única baixa salientable con respecto ás derra [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
23 - 02 - 2006
[23/02/2006]/Trala sesión de adestramento da mañá de onte no campo de A Xunqeira de Pontevedra (o encontro ante o líder, o Universidade, xogaráse nun campo de céspede artificial) compareceu ante os medios de comunicación o mediocentro Cabrera Cava, para dar o seu punto de vista sobre o partido estelar que se vivirá esta fin de semana no estadio Alfonso Silva, entre o primeiro e o segun [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/02/2006]/Os xogadores do Pontevedra xogan este domingo en Gran Canaria ás 19 horas. Para emprender a viaxe a terras insulares, a expedición granate partirá en autobús dende Pasarón ás 13:15 horas cara o aeroporto de Peinador, onde collerá un voo con destino á cidade de As Palmas, que partirá ás 14:45 horas e ten prevista a súa chegada sobre as 18:45 horas, facendo a habitual escala [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/02/2006]/Os futbolistas do Pontevedra adestran ás 16:30 horas deste xoves no campo sintético de A Xunqueira para seguir preparando o asalto ó campo do líder. Os xogadores granates seguen coa súa adaptación ó céspede artificial e coa posta a punto para o partido contra o Universidade. Alberto Argibay poderá comprobar a evolución de Igor, Mannara, Dumast e Fede Bahón, que non traball [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
22 - 02 - 2006
[22/02/2006]/O vindeiro rival do Pontevedra, o Universidade, ven de quedar eliminado da Copa Federación, competición na que tiña postas moitas esperanzas, despois de perder por 2-1 ante o Leganés. O cadro que adestra Tino Luis non foi quen de remontar o resultado adverso de 2-3 que se rexistrou no encontro da ida e remata así a súa andaina na Copa Federación. O Leganés adiantaríase no [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 23:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/02/2006]/O Pontevedra adestrou esta mañá. O adestrador granate, Alberto Argibay, deberá agardar ata finais de semana para saber se pode contar con Igor, Mannara, Fran González e Fede Bahón. O que ten menos posibilidades de xogar o domingo é Mannara, que segue con molestias na zoa lumbar. No que respecta os outros tres xogadores, o corpo técnico non descarta que poidan xogar o domin [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:45  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/02/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol comezou onte a preparar o seu encuentro contra o Universidade no que poñeráse en xogo o liderato. O equipo granate deberá facer fronte a unha superficie máis dura do habitual para levarse os tres puntos e alcanzar a primeira posición da clasificación, que se fundamentaría na igualada a puntos co seu vindeiro rival (actualmente na cabeza) e unha [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:40  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/02/2006]/É unha cuestión de orgullo. Gañárlle ó Universidade o vindeiro domingo levará ó Pontevedra a facerse co liderato da categoría e os xogadores granates non están dispostos a deixar pasar esta oportunidade.
Charles, que tralo adestramento de onte en herba sintética no Grove recoñeceu que non lle gusta esta superficie e menos para un encontro tan importante, está convenc [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/02/2006]/A pesar de que nun principio estaba previsto que se xogáse o sábado ás 18:30 horas, retransmitido en directo pola TVG, o encontro entre o Pontevedra e o Vecindario, correspondente á 26 xornada, disputaráse finalmente o domingo 5 de marzo ás 11:30 horas da mañá. Será o segundo encontro que o cadro granate dispute pola mañá en Pasarón nesta tempada; na outra ocasión o Pontev [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
21 - 02 - 2006
[21/02/2006]/O Pontevedra chegou á oficina do liderato e preguntou polo xefe. Déronlle vez para o domingo ás sete da tarde. Deberá negociar entón o precio que se debe pagar para chegar á primeira praza. Aquel día e a aquela hora terá unha cita co Universidade no estadio Alfonso Silva, campo de céspede artificial pouco propicio para visitantes. "¡Quen nolo ía dicir!", exclamou Cabrera, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/02/2006]/O primeiro plantel do Pontevedra Clube de Fútbol voltou está mañá ós adestramentos no sintético de Monte da Vila para preparar o encontro do vindeiro domingo ante o Universidade. Hai que salientar que houbo tres xogadores que non se desprazaron ata O Grove por diferentes problemas musculares; trátase de Fede Bahón, Mannara e Igor de Souza, que levaron a cabo en Pasarón unh [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:08  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/02/2006]/Os xogadores do primeiro plantel do Pontevedra voltan este martes ós adestramentos para comezar a preparar a visita ó estadio Alfonso Silva. Os futbolistas granates voltarán a xogar este domingo en céspede sintético e, por ese motivo, a sesión de adestramento deste martes levaráse a cabo no Grove, no sintético de Monte da Vila. Alberto Argibay optou por esta opción para qu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/02/2006]/O vindeiro rival do Pontevedra Clube de Fútbol, o Universidade, deberá disputar outro encontro antes de recibir o vindeiro domingo no estadio Alfonso Silva ó cadro granate. O conxunto canario xogará este mércores, ás 20:30 horas, o encontro de volta dos cuartos de final da Copa Fedración contra o CD Leganés. A intención do cadro dirixido por Tino Luis é a de remontar o res [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:53  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
20 - 02 - 2006
[20/02/2006]/-Estes son os resultados acadados pola base granate:


[1-1]----Moaña-Pontevedra "B".....(Primeira Rexional)
[0-11]---Val do Ulla-Pontevedra........(Liga Feminina)
[3-3]----Pontevedra-Celta......(Div. Honra xuvenil)
[2-1]----Ourense-Pontevedra......(Div. Honra Cadete)
[3-0]----Pontevedra-C.Hogar.. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
19 - 02 - 2006
Pontevedra -4- Lanzarote -1-

[19/02/2006]/Chegaba o Lanzarote a Pasarón disposto a que o Pontevedra completase unha xeira de tres encontros sen gañar, pero non logrou ese obxectivo. O cadro canario apenas creou perigo sobre a meta de Bonnis, se cadra pola ausencia no seu ataque de Maciot, que comezou o encontro dende o banco das su [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/02/2006]/-Estes son os resultados e a clasificación da xornada 24 do Grupo 1 da 2ªB:

[0-1] Atlético"B" - Leganés
[0-3] Celta"B" - Vecindario
[1-0] Fuenlabrada - Raio Vallecano
[1-1] San Isidro - SS Reis
[1-0] P.Jandía - Alcorcón
[3-0] UD As Palmas - Alcalá
[1-1] Melilla - Universidade [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/02/2006]/O Pontevedra derrotou ó Lanzarote por 4-1. Yuri abriu o marcador no minuto 48. O Lanzarote empataría no minuto 56 por medio de Fali. Pero cos goles de Yuri (68') e de Igor, en dúas ocasións (83'e 90'), o Pontevedra logra tres importantes puntos que lle serven para recortárlle dous puntos ó lider, o Universidade, que será o vindeiro rival granate. O encontro non estivo exen [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:34  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
18 - 02 - 2006
Os granates queren volver á senda da victoria

[18/02/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol volve ó estadio municipal de Pasarón despois de dúas xornadas sen acadar a victoria. A derrota ante o pechacancelas na casa e o empate ante un Raio Vallecano que xogou a meirande parte do encontro cun xogador menos pon de manifesto que o cadro g [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/02/2006]/Alberto Argibay facilitou esta mañá a lista de convocados para o encontro que o Pontevedra disputará mañá ante o Lanzarote. O adestrador do Pontevedra decidiu convocar a 18 xogadores, polo que, nos intres previos o encontro, deberá facer dous descartes. Os xogadores convocados son os gardamallas Bonnis e Iván Parada; os zagueiros Ormazábal, Fran González, Fede Bahón, Azpa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/02/2006]/"Esquecer o de Móstoles é un motivo para concienciarnos. Pero a razón principal de facelo é volver a reencontrarnos coa victoria, facer dos tres puntos algo habitual".
Rubén Reyes lembra os perigos da relaxación, asegura que o importante é familiarizarse canto antes cos triunfos e que deles dependen as aspiracións ó liderato.
A partir de todo iso, o xogador a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:31  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/02/2006]/Os catro goles que lle endosou o Lanzarote ó Pontevedra na súa cidade deportiva non foi unha casualidade. O conxunto canario, que mañá visita Pasarón, repetiu ese resultado co Móstoles e o Leganés, aínda que sempre no seu estadio de céspede artificial.
A pesar de que os insulares acabaron impoñéndose por un sorprendente 4-3 no encontro de ida, nos galegos existe a se [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
17 - 02 - 2006
[17/02/2006]/O mal tempo e as intensas choivas que caeron nas últimas horas na cidade do Lérez tamén teñen a súa repercusión no plan de adestramentos programado polo corpo técnico do Pontevedra Clube de Fútbol. Deste xeito, Alberto Argibay e os responsables do mantemento do céspede de Pasarón decidiron de mutuo acordo que o adestramento previsto para as 10:30 horas deste sábado no camp [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:52  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/02/2006]/Mikel Azparren entende que non existe ningún problema físico dentro do plantel granate. O central navarro cre que o conxunto está nun bo estado e que, se existen dificultades, só poden ser aplicables a algún futbolista en concreto, nunca ó conxunto. De tal xeito, o xogador granate ve que tódolos colectivos humanos teñen picos de forma, pero que iso non é sinónimo dun mal m [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:12  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/02/2006]/Compromisos da canteira granate:

---Moaña-Pontevedra"B" ......[primeira rexional]
A Xunqueira de Moaña. Domingo 19 de Febreiro ás 16:15 h.
---Pontevedra-Celta......[div.honra xuvenil]
A Xunqueira. Domingo 19 de Febreiro ás 12 h.
---Ourense-Pontevedra......[div.honra cadete]
Campo P.Tecnolóxico. Sábado 18 d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:40  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/02/2006]/O plantel do Pontevedra está desexando deixar definitivamente no olvido o traspé sufrido ante o Móstoles. O empate do Teresa Rivero non deixou del todo satisfeitos ós xogadores granates, que están desexando contentar á afección fronte ó Lanzarote. Luciano recoñece este extremo. «Co ben que se portou a afección despois do que viu no campo nese encontro tan raro co Móstoles, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:56  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/02/2006]/Unha semana máis, no plantel granate hai varios xogadores que están mermados físicamente. Nesta ocasión volven a ser Igor de Souza e Pablo Mannara os que loitan para poder estar ás órdes de Alberto Argibay ante o Lanzarote, un encontro que ninguén se quere perder. O dianteiro brasileño adestrou onte á marxe do grupo como consecuencia dunhas molestias na zoa posterior do xe [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:47  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/02/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol busca a fortaleza en Pasarón como método do éxito. O adestrador do cadro granate, Alberto Argibay, manifestou onte en roda de prensa que a prioridade do conxunto é a construcción dun fortín (con almenas, vixías, arqueiros e pontes levadizos, se é preciso) no terreo de xogo propio para reconducir a marcha do bloque en dirección ó máis alto. O pr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/02/2006]/Pasaron varios meses dende a última vez en que o adestrador da UD Lanzarote, Adolfo Pérez, puido contar con tódolos efectivos do plantel e non ter ningunha baixa por lesión ou sanción. Exactamente dende a duodécima xornada, na que o conxunto lanzaroteño enfrontouse ó San Sebastián dos Reis, non se daba esta circunstancia.
Durante esta semana foi dúbida o central Raú [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:31  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
16 - 02 - 2006
[16/02/2006]/Impotencia e desesperación. Non poder enfrontarse ó Raio Vallecano no Teresa Rivero inquietou, e moito, ó zagueiro de Budiño. Luciano podería voltar ó once inicial o vindeiro domingo ante o Lanzarote. O defensa do Pontevedra Clube de Fútbol é consciente de que a liña que formaron Fede Bahón, Azparren, Dumast e Fran González completou unha boa actuación en Vallecas. A pesar [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:09  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/02/2006]/Chegou a orillas do Lérez procedente dunha das mellores canteiras do fútbol español, o Athletic de Bilbao. Incluso chegou a gozar dalgúns minutos con primeiro equipo no encontro de ida da Copa Intertoto, que o clube bilbaíno disputou ante o Cluj romano, que posteriormente sería o seu verdugo. O lateral dereito do Pontevedra Clube de Fútbol debutou ante a súa nova afección [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/02/2006]/O primeiro plantel do Pontevedra Clube de Fútbol adestra este xoves ás 17 horas en Pasarón e a porta pechada. Alberto Argibay seguirá perfilando o once titular que utilizará no encontro do domingo contra o Lanzarote. Un once no que, con case total seguridade, non estará Pablo Mannara. O xogador arxentino segue arrastrando molestias na zoa lumbar e os servizos médicos están [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:40  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/02/2006]/A Unión Deportiva Lanzarote será a primeira pedra de toque do periplo insular. Tralo bloque de Adolfo Pérez, tocarálle o turno ó intratable líder, o Universidade das Palmas. Os integrantes do vestiario granate prefiren non pronunciarse, de momento, con respecto ó vital envite ante o Uni. E razón non lle falta.
O Lanzarote arrivará á capital do Lérez cunha liña ascend [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar