29 - 03 - 2006
[29/03/2006]/Fran González reincorporaráse esta mañá ás sesións de traballo do equipo nas instalacións do Príncipe Felipe despois de pasar día e medio en Barcelona ata onde trasladouse dende Alcalá para resolver uns problemas personais. Haberá que ver en que estado se atopa porque hai que lembrar que o lateral esquerdo catalán sufriu un pinchazo na zoa dos isquiotibiais no transcurso do encontro deste pasado domingo no Municipal El Val.
Os servizos médicos do Pontevedra tamén están pendentes de Mikel Azparren, que onte traballou fóra do grupo como consecuencia dunha escordadura no nocello. Pese a elo, non semella que corra perigo o seu concurso para o partido desta fin de semana fronte ó Alcorcón. Pero non queda aquí a cousa porque Rubén Reyes e Luciano retiráronse antes de rematar a sesión por precaución. Ámbolos dous padecen molestias de escasa relevancia que, nun principio, non lle impedirán participar nos adestramentos previstos para a xornada de hoxe. O resto do plantel, salvo Vázquez e Tiago Belmonte, exercitouse con total normalidade.



A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 14:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións