[29/03/2006]/O Comité de Apelación atendeu ás alegacións do Pontevedra e retirou o cartón amarelo que viu Yuri no encontro contra o Alcalá, polo que o mediapunta brasileño poderá xogar o vindeiro domingo contra o Alcorcón. Ademáis, confirmouse o encontro de sanción que deberán cumprir Dumast e Cabrera, despois de que foran expulsados por dobre amonestación contra o Alcalá, polo que Alberto Argibay deberá facer trocos no once inicial.
Pola súa parte, David Gordo, adestrador do Alcorcón, non poderá contar co centrocampista Melgar, xa que o xogador do cadro madrileño tamén deberá cumprir un encontro de sanción tras ser expulsado contra o Melilla.