[30/03/2006]/A marxe de manobra do Pontevedra aínda é importante. Agás os encontros contra o filial do Atlético de Madrid e a U.D. As Palmas, o resto son rivais sen unha gran entidade.
Entre estes últimos están tres dos catro equipos que copan as prazas de descenso directo á Terceira División. Leganés, San Isidro e Celta B, por este orde, están inmersos nunha intensa loita por saír a flote.
Tralo encontro do vindeiro domingo co Alcorcón, o Pontevedra deberá viaxar de novo á capital de España para xogar contra o Leganés. O seu camiño ata o final da Liga regular o marcará a continuación o Atlético B en Pasarón, o P. Jandía nas illas canarias e na xornada seguinte a U.D. As Palmas no vello estadio de O Burgo.
Completará o cuarteto con rivais insulares ante o Castillo en Gran Canaria e o San Isidro na casa, para afrontar as dúas últimas xornadas co Celta B, en Vigo, e co Melilla en Pasarón na derradeira xornada da Liga regular.
Ó Pontevedra úrxelle volver a coller a onda. Cando antes consiga sumar os 66 puntos que lle garantan a promoción de ascenso, máis cedo poderá centrarse en cómo afrontar ese novedoso sistema para eles de ascenso por eliminatorias.
Voltar á senda dos triunfos non debería ser moi difícil para o equipo que ten ós dous máximos goleadores do grupo no seu plantel. Igor xa conseguiu colarse na segunda praza cos seus once goles, empatado con Noah (San Isidro), e cun un gol máis que Raúl Borrero (Vecindario) ou Mauri (Melilla), xogadores que disputaron vintanove xornadas polas doce que leva Igor. Yuri segue a ser o rei, con dezaoito tantos.
A Voz de Galicia