[31/03/2006]/Compromisos da canteira granate:
---Catoira-Pontevedra"B" ......[primeira rexional]
As Lombas. Domingo 2 de Abril ás 17 h.
---Cidade de Santiago-Pontevedra ......[categoría feminina]
San Lázaro. Domingo 2 de Abril ás 11:30 h
---Puente Castro-Pontevedra ......[div.honra xuvenil]
Puente Castro. Domingo 2 de Abril ás 12 h.
---Ural-Pontevedra......[div.honra cadete]
Meicende. Sábado 1 de Abril ás 17 h.
---Pontevedra-Rápido de Bouzas......[liga galega infantil]
A Xunqueira de Moaña. Sábado 1 de Abril ás 10:15 h.
---Pontevedra-Arcade......[fútbol 11 alevín]
A Xunqueira. Sábado 1 de Abril ás 10:15 h.
---Alondras-Pontevedra......[fútbol 7 alevín]
Campo de Masó. Domingo 2 de Abril ás 10:15 h.
---Portero 2000 "C"-Pontevedra"A" ......[categoría benxamín]
A Xunqueira. Venres 31 de Marzo ás 19 h.
---Portero 2000 "B"-Pontevedra"B" ......[categoría benxamín]
A Xunqueira. Sábado 1 de Abril ás 11 h.
---Salcedo-Pontevedra"C" ......[categoría benxamín]
O Casal. Sábado 1 de Abril ás 11:45 h.
Últimos compromisos ligueiros para os equipos base do Pontevedra, que adéntranse na recta final da competición.
O filial, que lidera a clasificación cunha cómoda vantaxe de 10 puntos sobre o terceiro clasificado, o Ribadumia, xoga esta semana contra o Catoira, noveno clasificado con 39 puntos, coa intención de distanciar ó Pontellas, segundo clasificado con dous puntos menos, e certificar canto antes o ascenso á Rexional Preferente.
O Xuvenil, xa descendido matemáticamente, xoga a domicilio contra o Puente Castro. O cadro granate tentará escalar algún posto na clasificación, xa que actualmente está na última praza.
O Cadete, decimoprimeiro clasificado con 30 puntos, enfrontaráse ó Ural, antepenúltimo clasificado con cinco puntos menos co conxunto pontevedrés, que deberá acadar unha victoria para conseguir a permanencia.
O Infantil, noveno clasificado con 33 puntos, xoga na casa ante o Rápido de Bouzas, que ten catro puntos menos cos granates.
Na categoría Alevín, o equipo de Fútbol 11 xoga na casa ante o Arcade. Pola súa parte, o equipo de Fútbol 7, segundo clasificado, xoga no campo do líder, o Alondras, que ten sete puntos máis, a falta de tres xornadas para que finalice a liga.
E na Segunda Categoría Benxamín, o Pontevedra "A" (sexto clasificado con 43 puntos) xoga contra o Portero 2000 "C"; o Pontevedra "B" (séptimo clasificado con 34 puntos) xoga contra o Portero 2000 "B"; e o Pontevedra "C" (decimosegundo clasificado con 17 puntos) xoga en Salcedo.