31 - 03 - 2006
[31/03/2006]/Concentracións a mediados de semana para facer piña, dobres sesións coa vista posta no play off e importantes quebradeiros de cabeza para o técnico granate, Alberto Argibay, que non poderá contar nin co mediocentro madrileño Cabrera Cava e tampouco co zagueiro galo Guillaume Dumast. Ademáis, son serias dúbidas para o encontro do domingo o central Mikel Azparren e o lateral catalán Fran González. Catro baixas importantes que abren o abanico de posibles opcións e que, ó mesmo tempo, abren a porta da titularidade ó caboverdiano Tinaia e ó vasco Ormazabal. Quén sabe se debutará Fran Rico.
Visto o panorama, o encontro ante o Alcorcón preséntase como clave por moitos motivos.
En primeiro lugar, pola situación na que se atopa o Pontevedra Clube de Fútbol trala derrota do pasado domingo ante o Alcalá e en segundo lugar, porque chega ó vello Pasarón un Alcorcón famento e que tralos resultados coseitados nesta segunda parte do presente campionato ligueiro aspira e cre no play off de ascenso.
O bloque madrileño é séptimo con 45 puntos e está a tan só sete do cadro lerezano. Asimesmo, o Alcorcón pode presumir de haber tumbado ó Pontevedra, aínda que fose pola mínima.
Cabe destacar tamén que a escadra dirixida por David Gordo encadea un total de cinco xornadas sen coñecer a derrota, cun balance de dous empates e tres victorias consecutivas, ante o San Isidro, Celta B e recentemente ante o Melilla grazas ó tanto logrado polo ex granate Andrés Curiel no minuto 87.


Diario de Pontevedra
Nova engadida por JBA @ 15:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións