[31/03/2006]/Fran González e Mikel Azparren, con sendos problemas físicos, son as grandes dúbidas do Pontevedra para o trascendental encontro deste domingo ante o Alcorcón no que Alberto Argibay non poderá contar co concurso dos sancionados Cabrera e Dumast, expulsados na pasada xornada no "Municipal El Val" fronte ó Alcalá. E menos mal que o comité de competición da RFEF retiroulle a tarxeta amarela a Yuri porque no peor dos casos o equipo podería afrontar ese encontro pouco menos que en cadro.
Azparren arrastra unha forte escordadura no nocello que poñe seriamente en risco a súa participación fronte ó conxunto madrileño. Pese ás dores é optimista e apurará ó máximo para poder estar en condicións de entrar na convocatoria con tódalas garantías. «O nocello vai ben. A evolución está a ser positiva e agardo que poida estar listo para o domingo. Agora mesmo, o traballo que realizo fagoo ó 100% aínda que é certo que imos de menos a máis para ir pouco a pouco», manifesta.
Nunha líña semellante añade que «a miña mentalidade é a de poder estar a disposición do míster, pero logo será o nocello o que diga se está ou non para xogar».
Gañas de que chegue o encontro
Asimesmo, recoñece que na plantilla existe sana ansiedade porque chegue o encontro co Alcorcón para esquecer o traspés de Alcalá e dar un novo paso á fronte cara a fase de ascenso á Segunda División. «Ó equipo como sempre ten moitas gañas de que chegue o domingo para facer un bo partido ante a afección. Non podemos pensar nun encontro de dentro de dúas semanas nin na xornada pasada, hai que ir pouco a pouco. Todo o mundo quere xogar e iso é positivo», resalta.
Mikel Azparren tamén refiriuse ós malos números que presenta o Pontevedra nos dous últimos meses de competición baixo o seu punto de vista os marcadores non fixeron demasiada xustiza ós méritos contraidos polo equipo granate no terreo de xogo. «Os que marcan sempre son os resultados aínda que nós non tíñamos dúbidas. Aínda así é certo que os marcadores non foron todo o favorables que quixeramos. O fútbol é resultadista aínda que eu fixome noutras cousas, pero é iso o que faite estar arriba ó final», sosteñe.
En calquera caso, como é lóxico, deixa entrever que cambiaría agora eses marcadores adversos con xogo máis ou menos aceptable por outros positivos aínda que o equipo ofrecera peor imaxe. «Prefiro ascender xogando mal, que xogar ben e non subir. Imaxino que todo o mundo pensará igual», defende.
Ademáis, Azparren quere quitarlle ferro ó achegamento dos principais adversarios na loita pola promoción afirmando que «sabíamos que ó final de tempada íanse comprimir moito as cousas e se non fóra agora sería dentro de tres semanas. O tema é que sería un pouco triste que non nos estivéramos xogando nada a estas alturas».
Un baixón lóxico
E sosteñe que o que lle ocorreu ó Pontevedra é absolutamente normal porque os conxuntos sempre sufren altos e baixos ó longo dunha competición tan longa. «Está claro que ningún equipo, nin os de Primeira División, poden manter un alto ritmo toda a tempada e o máis importante é que seguimos metidos entre os catro primeiros», apunta o defensa granate.
Sexa como fose, o conxunto que prepara Alberto Argibay non pode permitirse o luxo de perder máis partidos en Pasarón para non ver comprometida a súa privilexiada situación na táboa. Pese a iso, Azparren non cre que o colectivo poida acusar esa imperiosa necesidade de sacar os encontros de casa adiante. «De aquí ó final de tempada tódolos partidos van a parecerse moito porque tódolos equipos xóganse demasidas cousas. O Pontevedra ten que pensar sempre en sí mesmo e máis se xoga na casa. É o rival o que ten que ter medo escénico en Pasarón», manifesta.
A Voz de Galicia