31 - 03 - 2006
[31/03/2006]/Vive un momento doce militando nas filas do Alcorcón. A semana pasada, Curiel foi o autor do tanto da victoria para os madrileños. O vindeiro domingo voltará a pisar o estadio de Pasarón.
Chegan a Pontevedra nun bo momento. Aínda cren no play off e o Pontevedra non está no seu mellor momento...
"Sí, a verdade é que si. Son tres puntos moi importantes para os dous equipos e aínda que o Pontevedra atravese unha mala racha creo que é favorito. A nós sí que nos colle nun bo momento e a ver se podemos xogar con esa presión que poden ter eles.
Supoño que para vostede será un partido moi especial...
"Sí, para min é un partido especial. No Pontevedra estiven dous anos, aparte de que é o equipo de onde son eu. Son partidos especiais. Xa cando xogamos aquí noteino. A motivación e as gañas aumentan. Aparte que teño gañas de volver a Pasarón, porque dende que me fun non volvín.
¿Qué recordos garda da súa estancia no Pontevedra?
"Moi bos. Foron dous anos moi bonitos, de estar arriba e disfrutar do fútbol. Aparte que en Pontevedra hai afección e vívese moito o fútbol. Non puidemos conseguir o ascenso, foi unha mágoa pero teño un bo recordo. Sempre estiven a gusto no Pontevedra e lembro con moito agarimo á afección.
¿E a súa etapa actual por terras madrileñas?
"Estou a gusto. Pasei por un momento malo pero o outro día puiden marcar e estou ledo. Agardemos que esta boa racha siga ata o final.
Con respecto ó partido, ¿cómo se pode parar o facer fronte ó Pontevedra?
"É o típico. Hai que facer un partido moi bo para poder sacar algo positivo. Aínda que aquí lles gañamos, a min pareceume o mellor equipo da categoría, por encima do Universidade aínda que eles agora teñen a obriga de gañar. A estes equipos lles gusta ter o balón, polo que hai que facer unha presión moi forte e intentar sorprendelos á contra. Non temos que poñernos nervosos e intentar impedir que eles teñan a posesión.



ADiario de Pontevedra
Nova engadida por Desconocido @ 15:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións