[28/04/2006]/A directiva do Pontevedra Clube de Fútbol decidiu facer unha rebaixa dun 20% nos prezos das entradas para o encontro do vindeiro domingo. A intención do clube é facilitar a asistencia do público ó importantísimo partido que o cadro granate disputará contra a UD As Palmas. Polo tanto, os prezos das entradas serán de 24 euros para Tribuna, 20 euros para Preferencia e 16 euros para o Fondo para os maiores de idade, e de 12 euros para Tribuna, 10 euros para Preferencia e 8 euros para o Fondo para os rapaces menores de 18 anos. As taquillas permanecerán abertas dende unha hora antes do comezo do encontro.